A Corporación Municipal
celebra esta tarde unha sesión plenaria extraordinaria, a primeira coa nova
corporación municipal que xurara ou prometera o seu cargo o pasado día 13.
Nesta sesión plenaria constituiranse os grupos políticos da corporación
municipal.
Crearanse as comisións informativas e decidirase a súa composición.
Nomearanse os representantes de órganos colexiados externos.
Fixarase a periodicidade das sesións ordinarias do pleno da corporación.
Fixaranse as indemnizacións por asitencia ás sesións dos órganos
colexiados da corporación.
Aprobaranse as dedicacións de determinados membros da corporación
municipal.
Fixarase a dotación económica para o funcionamento dos grupos
municipais.
E darase conta dos decretos da alcaldía realativos ao nomeamento dos
membros da Xunta de Goberno Local, das tenencias de alcaldía e das delegacións
por áreas e servizos e delegacións especiais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario