26 jun 2015

FIXADOS OS ÓRGANOS DE GOBERNO DA NOVA CORPORACIÓN

   A corporación municipal celebrou na tarde de onte unha sesión plenaria extraordinaria, a primeira coa nova corporación municipal, na que se constituiron os grupos políticos da corporación municipal e crearonse as comisións informativas e decidiuse a súa composición. Estas comisións estarán compostas polo alcalde que exercerá de presidente, por tres concelleiros do grupo popular, un concelleiro do PSdeG e un concelleiro do BNG.

Nomearonse os representantes de órganos colexiados externos. Así, Julio Alvarez representará ao concello de Quiroga no Consello Escolar do Instituto de Educación Secundaria de Quiroga. No Consello Escolar do C.E.I.P. a representante do concello será Loli Sánchez. José Enríquez será o representante no Grupo de Desenvolvemento Rural Río Lor, no Pacto Territorial de Emprego de Lemos e na Mesa de Comercio Local. No Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra o representante será José Luis Rivera e no Consorcio Galego de Benestar – Escola Infantil, Ana Núñez.

Fixouse a periodicidade das sesións ordinarias do pleno da corporación, que se celebrará o último xoves dos meses pares a unha da mediodía.

Fixaronse as indemnizacións por asitencia ás sesións dos órganos colexiados da corporación.

O punto máis debatido foi a aprobación das dedicacións de determinados membros da corporación municipal. Fixáronse tres dedicacións parciais as concellerías de Servizos Básicos e Atención ao Cidadán, a de Xuventude e Turismo e a de Deportes e Piscinas.

Fixouse a dotación económica para o funcionamento dos grupos municipais.

E deuse conta dos decretos da alcaldía relativos ao nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local, das tenencias de alcaldía e das delegacións por áreas e servizos e delegacións especiais. A primeira tenente de alcalde será Ana Núñez, o segundo tenente de alcalde Angel Rodríguez e a terceira Loli Sánchez. Estes mesmos concelleiros son os integrantes da Xunta de Goberno.

Finalmente crearonse as seguintes delegacións:

Servizos básicos e atención ao cidadán da que se encargará José Enríquez.
Benestar e Igualdade para Ana Núñez.
Deportes e Piscinas que levará Andrés Novoa.
Xuventude e Turismo que dirixirá Rosa Arza.
Cultura e Eventos que queda en mans de José Luis Rivera.
Educación e Infancia a cargo de Loli Sánchez.

E finalmente Medio Rural da que se encargará Angel Rodríguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario