25 feb 2014

ACTIVIDADES PARA O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O Centro de Información á Muller, dependente da área de Igualdade e Benestar do Concello, está organizando diversas actividades con motivo da celebración, o sábado día 8 de marzo, do día da muller traballadora.
A primeira das actividades terá lugar o sábado ás doce da mañá na casa consistorial, e englobará a entrega de diplomas aos participantes na obra de teatro “Avós nunca é tarde”, e a presentación do III Plan de Igualdade entre homes e mulleres.

A outra das actividades organizada será unha cea, á que poden asistir todas as mulleres da comarca.

19 feb 2014

QUIROGA ACOLLE ESTE SÁBADO O PRIMEIRO TRAIL DO BOI

    Quiroga será escenario este sábado día 22 da primeira edición do Trail do Boi. O evento deportivo, organizado polo concello de Quiroga e o Albergue Municipal, conta con 153 inscritos; 90 no trail e 63 no minitrail.

Os deportistas que compitan na trail deberán acometer un circuíto de 36 quilómetros e ascenderán a unha altura de 1.507 metros, mentres que os que participen na proba de minitrail percorrerán 26 e subirán a unha altura de 1.172 metros.

Os organizadores entregarán os dorsais o día 21 entre as oito da tarde e as once da noite, e o propio día das probas, entre as sete e as oito e media da mañá. Os participantes terán que recollelos no albergue de Quiroga. Tamén nesta mesma instalción os participantes recibirán información técnica sobre a proba o venres a partir das dez da noite.

Ás nove da mañá comezará a proba. O recorrido estará debidamente sinalizado con cinta de plástico de cores vivas e flechas indicativas, así como referencia kilométricas a lo largo de todo o recorrido. No desenvolvemento da proba, aa organización terá dispostos varios puntos de control sendo obrigatorio o paso polos mesmos, onde se efectuarán os controis de paso reglamentarios, o non paso ou salto dalgun dos controis será motivo directo de descalificación da proba.

      A partir das oito da tarde procederase á entrega de trofeos. Outorgaranse aos tres primeiros clasificados de cada proba. Haberá trofeos máis un lote de produtos deportivos para os tres primeiros da clasificación xeral do circuíto

14 feb 2014

CULTURA RETOMA O PROGRAMA DE OCIO SAUDABLE NO BALNEARIO DE AUGAS SANTAS

 A área de Cultura do concello de Quiroga retomará a finais deste mes novamente o programa de ocio saudable.

Esta  actividade consiste en  acudir un día á semana ao balneario de Augas Santas en Pantón, para realizar un circuito termal. Este ano a actividade desenvolverase os martes dende o día 25  febreiro,  e ao longo do mes marzo para rematar o día 1 de abril.

O horario de saíada  será  de 16:30h  e o regreso ás  20:00h . As persoas interesadas deberán realizar a inscripción na Casa da Cultura antes do día 23 deste mes.



ORGANIZADAS AS ACTIVIDADES DE ENTROIDO

    O Concello de Quiroga ten organizado para o vindeiro domingo día 2 de marzo, co gallo da celebración do Entroido,  o Desfile Concurso de Comparsas cos seguintes  premios para os participantes e gañadores:
* Un primeiro premio de 500,00 €
* Un segundo premio de 300,00 €
* Un terceiro  preio de 150,00 €
* Cada comparsa participante recibirá 60€.
Ademais das comparsas, que deben estar compostas de dez membros como mínim, poden participar disfraces individuais, nesta modalidade o máximo serán tres membros por  disfrace. Para os que se establece un único premio para esta modalidade de 60,00€.
       O xurado estará composto por un membro de cada comparsa participante, que valorará a orixinalidade dos disfraces, a coreografía e a escenografía de cada comparsa, menos da que representa.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 28 de febreiro, antes desta data poden  realizarse as inscricións  na Casa da Cultura ou chamando ao teléfono 982435125.
O desfile  empezará as 17:00h e percorrerá a Rúa Real dende a confluencia desta coa Rúa Piscinas para rematar no Concello onde o dúo Fondo Tropical amenizará un baile de disfraces.
O luns, día 3 de marzo, a partir das 17:00 terá lugar unha Festa Infantil de disfraces na Discoteca Lor organizada pola Área de Educación e a Discoteca Lor.
     Ademais as áreas de Educación e Xuventude teñen organizado un obradoiro de máscaras e adornos de disfraces. Este taller, para maiores de dez anos, comezará o vindeiro luns, en horario de sete da tarde a oite e media, e continuarase o luns 24 de febreiro.

12 feb 2014

O MINISTERIO DE FOMENTO APROBA DEFINITIVAMENTE O ESTUDO INFORMATIVO DA AUTOVÍA A-76 (PONFERRADA - OURENSE)

         O Ministerio de Fomento publicou no Boletín Oficial do Estado do pasado sábado, 8 de febreiro, a aprobación do expedente de información pública e a aprobación definitiva do Estudo Informativo da Autovía A-76 no tramo comprendido entre Ponferrada e Ourense.
         O trazado da futura Autovía A-76 contemplaba tres posibles trazados, o Ministerio de Fomento, aprobou agora o Estudo Informativo definitivo cun único trazado, que na súa meirande parte duplica a actual N-120.
O estudo informativo marca a entrada da autovía no municipio de Quiroga fora da N-120 máis preto do núcleo de San Martiño e continuaria polo novo trazado, ata o cruce de Peites. Polo que salvaría o tuner de Montefurado por un novo trazado por riba do núcleo dos Covallos, a opción número tres que se barallaba como posible trazado. A autovía voltaría a desviarse da N-120 a altura de Sequeiros, onde cruzaría o río Sil para continuar polo concello de Ribas do Sil, por riba de San Clodio, cruzando novamente o río Sil entre o Nocedo e Rairos para sair a través dun túnel a Santa Andrea, o que sería a opción número dous dos posibles trazados. A partir de ahí duplicaría o trazado da N-120 ata a saída do noso municipio.
Dentro da comarca de Quiroga quedarían sete puntos de acceso á A-76. O primeiro deles estaría á altura do actual cruce de Peites na N-120, o seguinte corresponderíase co cruce de Bendollo. Os demais estarían á altura de Sequeiros, San Clodio, o Nocedo, o Freixeiro e Paradela do Lor.
 O mapa do estudo informativo definitivo da Autovía A-76 ao seu paso polo noso municipio, pódese consultar xa na casa consistorial.
        Unha vez coñecido este estudo definitivo a plataforma pro autovía A-76  reuniase o luns pola tarde. Na xuntanza á que acudia o concelleiro José Enríquez, en representación do concello de Quiroga, acordouse solicitar ao Ministerio de Fomento que acurte os prazos previos ao inicio das obras da autovía que comunicará Ponferrada con Ourense. 

      O colectivo recordará os compromisos que adquiriu Fomento e, en primeiro lugar, o referido á licitación dos proxectos dos dous primeiros tramos da autovía.  A necesidade de dar unha solución á inestabilidade do terreo na estrada N-120, á altura do parque natural Serra dá Enciña dá Lastra tamén foi posta sobre a mesa. Precisamente, un dos acordos tomados na reunión foi que este tramo sexa o seguinte que licite o Ministerio de Fomento.
     Na reunión da plataforma formulouse que a licitación do proxecto se realizase canto antes, mesmo sen esperar a que estean rematados os dos dous tramos inicales: Requeixo-Villamartín de la Abadía e AVeiga de Cascallá-O Barco, cunha lonxitude total de 15,8 quilómetros. Fomento incluíu unha partida de 100.000 euros nos Presupostos Xerais do Estado para cada un destes tramos e calcula o custo da autovía en 1.221 millóns de euros.


4 feb 2014

O CONCELLEIRO DO PSOE, DEL PONT LOSADA, RETRACTASE DAS ACUSACIÓNS AO ALCALDE, JULIO ÁLVAREZ

       O concelleiro socialista José Luis del Pont retractouse onte, ante o xuíz do Penal número 2 de Lugo, das acusacións vertidas no seu día contra o alcalde do Municipio, Julio Alvarez.
          Os feitos remóntanse ao 26 de maio de 2011, cando o demandado publicou, a través da páxina web dunha coñecida rede social, unha serie de informacións contra o alcalde, nas que acusaba o rexedor de ter quedado con diñeiro de obras de plans para comunidades veciñais. Do Pont recoñeceu que estas manifestacións eran totalmente incertas e mostrou o seu arrepentimento "tanto polo seu contido coma polas consecuencias que irrogaron aos prexudicados, aos seus familiares, ao equipo de goberno e ao concello".
          A vista que estaba programada onte non chegou a celebrarse finalmente, ao perdoar o demandante ao acusado. O rexedor tomou esta decisión despois de obter, por parte da representante legal de Del Pont, o compromiso de que recoñecería publicamente o «incerto» das acusacións e o seu «arrepentimento» por realizalas. Así llo fixeron saber ambas as partes ao titular do xulgado no que ía desenvolverse a causa. Por este motivo, tanto a acusación particular coma a fiscalía, que pedía para o acusado a pena dun ano de prisión prisión e inhabilitación como cargo electo durante ese período, ademais das indemnizacións que puidesen corresponder ao alcalde e ao funcionario que se presentou na causa ao darse por aludido, decidiron retirar a demanda.
 A cambio, o edil socialista comprometeuse a difundir un escrito de rectificación, a través dos perfís sociais de Armando Guerra Fray Vinagre e Fray Che Guevara, así como na prensa, nun prazo máximo de cinco días naturais. Tamén debe presentar estas desculpas no rexistro do Concello de Quiroga, co fin de que se informe do seu contido no primeiro pleno que se celebre.

          A demanda presentada no seu día polo alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, contra o edil socialista ten a súa orixe nunha publicación que este último realizou a través do perfíl de José Fary Vinagre, en Facebook. Nese texto, Del Pont escribia: que «o alcalde quedábase con cartos das comunidades veciñais». O texto que suscitou a denuncia continuaba decindo que «un funcionario do Concello de Quiroga encargábase de falsear a certificación e máis de recadar os cartos que recollía en man sen pasar pola contabilidade do Concello»,
          Del Pont divulgou á primeira hora da tarde de onte o seguinte comunicado de prensa: «En cumprimento do acordado ante o Xulgado do Penal número 2 de Lugo, e en base ao manifestado de que o Concello de Quiroga e polo tanto o seu alcalde, quedábanse cos cartos das obras das comunidades veciñais..., poño en xeral coñecemento que ditas manifestacións son incertas, expresando o meu absoluto arrepentimento tanto polo seu contido como polas consecuencias que irrogaron aos prexudicados, aos seus familiares, ao equipo de goberno e ao Concello.
          No acordo alcanzado onte entre as partes, José Luis del Pont, tamén sinalou que o funcionario ao que facía referencia era Isidoro Nogueira, a quen tamén recoñece como prexudicado polas súas declaracións. O edil socialista adminitió todos estes feitos a través dun documento que a súa avogada presentou ante o xuíz. No transcurso da audiencia, José Luis del Pont limitouse a ratificar o contido deste texto no que consta unha petición expresa de "perdón ao ofendido".
          Ante esta mostra de arrepentimento, a acusación particular tamén decidiu retirar a demanda, polo que o xuíz ditará unha sentenza absolutoria, sempre e cando o acusado cumpra cos acordos alcanzados.

 O alcalde de Quiroga declarou, tras o acordo que fixo innecesaria a celebración do xuízo, que se dá «por satisfeito» coas explicacións do concelleiro socialista, ao que perdoa os comentarios nas redes sociais que deron pé a esta denuncia por calumnias.


          José Luis del Pont foi condenado a finais do pasado mes de outubro polo xulgado de Monforte a satisfacer unha multa de 50 euros e a indemnizar o alcalde, Julio Alvarez, con 150 €, ao considerar probado que o socialista inxuriou e vexou o rexedor local no transcurso dunha sesión plenaria. No xulgado de Primera Instancia de Monforte séguense actualmente contra Del Pont dilixencias previas por delito de aldraxes, actualmente en fase de instrución, con motivo da inserción en Facebook de comentarios, a través dunha conta asociada a unha liña de teléfono da que é titular o concelleiro socialista Del Pont, segundo estableceu a Policía Xudicial, así como comentarios realizados por outros usuarios.

3 feb 2014

ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NA XXXII FEIRA DO VIÑO

        O concello de Qurioga abriu  o prazo de inscrición para a “XXXII Feira do Viño de Quiroga”, que terá lugar os días 19 e 20 de abril.
          Os colleiteiros interesados en participar nesta edición deben dirixirse ó Concello antes do día  16 de febreiro.
          Os requisitos necesarios para participar son os de todos os anos:
 - Contar cunha cantidade  mínima de 200 botellas de viño branco e 250 botellas de viño tinto para presentar na feira, e outra cantidade igual ou superior na adega. 
          - A graduación alcohólica mínima esixida será de 12 º para o viño branco e de 11,5 º  para o viño tinto.
          - A acidez volátil máxima permitida será de 0,5 gr. acético/l. para o viño branco; e de  0,6 gr. acético/l. para o viño tinto.
          -  O colleiteiro que teña seleccionado o seu viño para participar na feira debe aboar a cantidade de 100 €.

          O número máximo de colleiteiros nesta edición está limitado como nas anteriores a 12.