19 feb 2014

QUIROGA ACOLLE ESTE SÁBADO O PRIMEIRO TRAIL DO BOI

    Quiroga será escenario este sábado día 22 da primeira edición do Trail do Boi. O evento deportivo, organizado polo concello de Quiroga e o Albergue Municipal, conta con 153 inscritos; 90 no trail e 63 no minitrail.

Os deportistas que compitan na trail deberán acometer un circuíto de 36 quilómetros e ascenderán a unha altura de 1.507 metros, mentres que os que participen na proba de minitrail percorrerán 26 e subirán a unha altura de 1.172 metros.

Os organizadores entregarán os dorsais o día 21 entre as oito da tarde e as once da noite, e o propio día das probas, entre as sete e as oito e media da mañá. Os participantes terán que recollelos no albergue de Quiroga. Tamén nesta mesma instalción os participantes recibirán información técnica sobre a proba o venres a partir das dez da noite.

Ás nove da mañá comezará a proba. O recorrido estará debidamente sinalizado con cinta de plástico de cores vivas e flechas indicativas, así como referencia kilométricas a lo largo de todo o recorrido. No desenvolvemento da proba, aa organización terá dispostos varios puntos de control sendo obrigatorio o paso polos mesmos, onde se efectuarán os controis de paso reglamentarios, o non paso ou salto dalgun dos controis será motivo directo de descalificación da proba.

      A partir das oito da tarde procederase á entrega de trofeos. Outorgaranse aos tres primeiros clasificados de cada proba. Haberá trofeos máis un lote de produtos deportivos para os tres primeiros da clasificación xeral do circuíto

No hay comentarios:

Publicar un comentario