14 feb 2014

ORGANIZADAS AS ACTIVIDADES DE ENTROIDO

    O Concello de Quiroga ten organizado para o vindeiro domingo día 2 de marzo, co gallo da celebración do Entroido,  o Desfile Concurso de Comparsas cos seguintes  premios para os participantes e gañadores:
* Un primeiro premio de 500,00 €
* Un segundo premio de 300,00 €
* Un terceiro  preio de 150,00 €
* Cada comparsa participante recibirá 60€.
Ademais das comparsas, que deben estar compostas de dez membros como mínim, poden participar disfraces individuais, nesta modalidade o máximo serán tres membros por  disfrace. Para os que se establece un único premio para esta modalidade de 60,00€.
       O xurado estará composto por un membro de cada comparsa participante, que valorará a orixinalidade dos disfraces, a coreografía e a escenografía de cada comparsa, menos da que representa.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 28 de febreiro, antes desta data poden  realizarse as inscricións  na Casa da Cultura ou chamando ao teléfono 982435125.
O desfile  empezará as 17:00h e percorrerá a Rúa Real dende a confluencia desta coa Rúa Piscinas para rematar no Concello onde o dúo Fondo Tropical amenizará un baile de disfraces.
O luns, día 3 de marzo, a partir das 17:00 terá lugar unha Festa Infantil de disfraces na Discoteca Lor organizada pola Área de Educación e a Discoteca Lor.
     Ademais as áreas de Educación e Xuventude teñen organizado un obradoiro de máscaras e adornos de disfraces. Este taller, para maiores de dez anos, comezará o vindeiro luns, en horario de sete da tarde a oite e media, e continuarase o luns 24 de febreiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario