29 ene 2010

ACTIVIDADES CENTRO SOCIAL

O Centro Social para a terceira Idade organizou as actividades que lles vai ofrecer os seus socios durantes os meses de febreiro, marzo e abril.

No mes de febreiro destacan as actividades encamiñadas á celebración do entroido cunha xornada de animación e convivencia o luns día 15, na que os socios estarán convidados a roscas e sangría; e un baile de disfraces con premios en metálico á participación o martes 16.

Durante este trimestre continuarase co obradoiro de ximnasia e co de memorio social, os xoves, que nesta etapa centrarase nas herbas e plantas máxica, coa identificación e recollida das plantas para a elaboración dun herbario e a entrega dunha guía de plantas medicinais para cada participante.

Tamén se poñerá en marcha o dez de febreiro un novo obradoiro de manualidades, nesta ocasión coa téncica de repuxado de estaño, co forrado de estaño sobre madeira e sobre vidrio.

No mes de marzo, realizarase un concurso de elaboración de tortilla española, con premios para as tres mellores tortillas.

No mes de maio o centro realizará varias excursión encamiñadas a gañar o xubileo.

28 ene 2010

QUIROGA SOLICITARÁ MÁIS DE 60 EMPREGOS NO PLAN DE COOPERACIÓN

O rexedor local, Julio Alvarez, desprazouse onte ata Santiago para participar na comisión mixta de seguimento do convenio do Plan Laxa, cuxa renovación foi descartada pola Xunta.

Esta mañá o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, mostrouse moi satisfeito polo compromiso da consellería e dixo que, o concello de Quiroga solicitará poder empregar a máis de sesenta parados polo peche de louseiras, pero será a Xunta quen terá que conceder estes empregos.

26 ene 2010

BASES DAS COMPARSAS DE ENTROIDO

O concello fixou as bases para participar no concurso do desfile de comparsas de entroido que terá lugar o domingo 14 de febreiro.

* Poderán participar todas as comparsas que o desexen tanto do noso concello como de outros, sempre e cando esten integradas por dez membros como mínimo.
* Establecéronse os seguintes premios. O primeiro premio dotado con 500 €; o segundo con 250€, o terceiro de 150€. As demáis comparsas participantes recibirán 60 €.
* Ademáis das comparsas poderán participar disfraces individuais, nesta modalidade o máximo será de tres membros por disfraz, establecéndose un único premio para esta modalidade de 60 €.
* O xurado estará integrado por un membro de cada comparsa participante, que valorará especialmente a orixinalidade dos disfraces, a coreografía e a escenografía.
* O desfile comenzará a partir das cinco da tarde, dende a rúa Praia e recorrerá a rúa Real ata a Casa da Cultura.O seu remate haberá unha festa de disfraces amenizada polo dúo Luna.

As comparsas que desexen participar xa se poden inscribir na casa da cultura, ben persoalmente ou a traverso do teléfono 982.43.51.25, antes do día 11 de febreiro.

25 ene 2010

101 CUMPREANOS

Quiroga é terra de centenarios, polo menos son numerosos os veciños que chegan a acadar esa idade e incluso a superalos. É o caso da señora Concepción Rodríguez Regueiro, que onte celebrou os seus 101 anos.

A súa familia máis achegada quixo organizar unha festa para tal celebración. O rexedor local, Julio Alvarez, e a concelleira da área social, Ana Núñez, quixeron felicitar persoalmente á homenaxeada á vez que lle fixeron entrega dunha placa conmemorativa coa felicitación de todos os quirogueses.

Ademáis a foto desta veciña colgará pronto da parede da casa consistorial, que acolle os últimos centenarios do municipio.

21 ene 2010

CINCO OLIVAREIROS NA MOSTRA DO ACEITE

Cinco olivareiros participarán na Mostra do Aceite que se celebrará o día 7 de marzo no lugar das Farrapas en Bendilló: Jesús Bao Mondelo, Manuel Mondelo Rodríguez,Guillermo Nogueira Veloso, Luis Vicente Arias Prieto e Inocencio Ogando García.

A selección dos participantes fixose tendo en conta un riguroso orden de inscripción nas oficinas municipais por rexistro de entrada e un resultado aceptable da análise química e organoléptica que determinará o laboratorio especializado que dispoña a comisión organizadora. Ademáis a comisión organizadora recollerá mostras ó azar para a súa cata no recinto feiral o mesmo día da mostra.

O evento contará nesta edición cunha alta produción de aceite xa que segundo os olivareiros da zona a recolección das aceitunas quese realizou no mes de decembro foi moito máis abondante que a do pasado ano, o que se traduxo nunha cantidade tamén moi superior en aceite.

Esta será a primeira edición que se celebra tras a concesión ó concello de Quiroga do título de rexistro da marca “Aceite de Quiroga”. O concello asegúrase deste xeito que ningúen alleo a él ou que non conte coa súa autorización poida producir, comercializar, distribuir, promover ou calquera outra actividade relacionada co aceite, empregando a denominación de “Aceite de Quiroga”.

20 ene 2010

PRIMEIRA REUNIÓN ACTIVIDADES 2010

Esta mañá reuníronse na casa cosistorial os encargados de levar a cabo as actividades culturais e de ocio que se van ofertar dende o concello para o primeiro semestre deste ano.

As actividades centraronse nesta primeira xuntanza no Entroido e en actos relacionados coa celebración das Letras Galegas, ademáis da Mostra do Aceite e da Feira do Viño.

Tras esta primeira xuntanza, na que cada departamento (Cultura, deportes, muller, xuventude e terceira idade) aportou as súas ideas, realizaranse máis reunións nas que se vaian organizando as actividades que finalmente decidan levarse a cabo.

Unha vez perfiladas estas actividades, plasmaranse nun folleto para que todolos veciños estén informados de cales son as actividades ofertadas e nas que poden participar.

19 ene 2010

ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NA FEIRA DO VIÑO

O concello de Quiroga abriu o prazo para participar na XXVIII Feira do Viño que terá lugar os días 3 e 4 de abril. Os colleiteiros interesados en participar nesta edición deben dirixirse ó concello antes do día 1 de febreiro.
Os requisitos esixidos para participar son:

* Ter unha cantidade mínima de 200 botellas de viño branco e 250 de viño tinto para presentar na feira, e outra cantidade igual ou superior na adega.

* Ter unha graduación alcohólica mínima de 12 graos para o viño branco e de 11 e media para os tintos.

* A acidez volatil máxima será de 0,5 gr. acético/litro para os brancos e de 0,6 gr. Acético/litro para os tintos.

* Ademáis os colleiteiros que teñan seleccionado o seu viño para participar na feira deberán abonar a cantidade de 100 euros.

18 ene 2010

ALUMNOS SOLIDARIOS

Os rapaces de sexto de primaria do Colexio de Quiroga participaron nunha campaña solidaria para axudar a Haití tras o devastador terremoto que sofriu este país.

Para elo estes rapaces, dentro da súa asignatura de educación cidadá, realizaron unha campaña de recollida de donativos que esta mañá entregaban nunha conta solidaria de Caixa Galicia.

Os rapaces acompañados da súa tutora e á vez directora do centro educativo, Ana Núñez, entregaban os 613,31 € recaudados para o que contaron coa colaboración de familiares e veciños. Para xuntar esta cantidade, da que os rapaces se amosaron moi orgullosos empregaron unha semana.

Co recaudado, no que os rapaces destacaron que lles axudou moita xente, queren axudar a paliala pobreza na que quedou sumido agora este país, sobre todo para que poidan ter alimentos.

15 ene 2010

OBRAS MUSEO DA NATUREZA

O rexedor local, Julio Alvarez, acompañado dos concelleiros Angel Rodríguez Raposo e Mª Carmen Armesto e dun técnico municipal, achegouse ata a obra do futuro museo da natureza.

O edificio contruiuse con pedra da zona aproveitando o material que o concello foi retirando das casas que se atopaban derrubadas ou que supoñían algún perigo para os veciños. Agora contruiraselle a cuberta a base de madeira e lousa.

Neste espacio preténdese amosar unha representación en imaxes e maquetas, dos ecosistemas característicos de Quiroga, repasando elementos como a flora e a fauna, pero tamén a xeoloxía, xa que formará parte dun proxecto para a creación dunha Ruta Xeolóxica que vai levar a cabo o GDR Ribeira Sacra.

No exterior do edificio está prevista a creación dun pequeno mostrario real das variedades vexetais máis representativas desta zona.

12 ene 2010

REINICIO DA LUDOTECA MUNICIPAL

A área de Educación social do concello retoma o vindeiro xoves o servicio de Ludoteca para os nenos de 3 a 12 anos, tralo parón das festas de Nadal en que foi sustituido pola Ludoteca de Nadal.

Esta prestación terá lugar todolos martes e xoves de cada semana ata o 15 de xuño, agás nas vacación de Semana Santa nas que haberá novamente un servicio especial.

Estas actividades impartense polas tardes na Casa da Cultura en horario de cinco menos dez a seis menos dez para os nenos de 3 a 6 anos de idade; de seis a sete para os nenos de 7 a 9 anos e de sete e dez a oito e dez para os rapaces de 10 a 12 anos.

A Ludoteca é un lugar onde os nenos e nenas disfrutan do enriquecemento da súa propia forma de expresión, ofrecéndolles materiais e espazos de xogo xunto ás indicacións e acompañamentos que demanden para o seu desenvolvemento.

8 ene 2010

VIAXES Ó BALNEARIO DE PANTÓN

O vindeiro mércores día 13 de xaneiro remata o prazo para participar no programa de viaxes ó balneario de Augas Santas en Pantón, organizado polo concello de Quiroga.

Estas viaxes levaranse a caba un día á semana, durante tres meses, saíndo o transporte dende a Casa da Cultura.

O concertado co balneario é a realización dun circuito termal de duas horas de duración que inclue: piscinas termais con chorros, cuellos de cisne, cascada, camas de osixenación, jacuzzi, piscina de contraste, camas quentes e sauna.

Os interesados, que abonarían 10€ polo programa, incluido o transporte, deben de inscribirse na Casa da Cultura, onde tamén recibirán máis información.

7 ene 2010

3 E 4 DE ABRIL XXVIII FEIRA DO VIÑO

Esta semana reuníase na casa consistorial a comisión organizadora da Feira do Viño, que este ano celebrará a súa Vixésimo oitava edición os días 3 e 4 de abril, coincidindo como sempre coas festas de Pascua.

Nesta primeira xuntanza falouse dos requisitos que se lles esixirán ós colleiteiros que queiran participar, condicións que estarán na mesma línea que en anos anteriores.

Ademáis está previsto que a mediados deste mes de xaneiro se abra xa o prazo para que os colleiteiros que o desexen, e cumpran os requisitos fixados, se poidan inscribir.

OS REIS MAGOS ESTIVERON EN QUIROGA

As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente chegaron puntualmente o pasado martes a Quiroga. A primeira das visitas que fixeron foi a Escola Infantil onde os agardaban os cativos da guardería para recibir os seus agasallos, os primeiros que recibirían esa noite. Neste mesmo lugar tamén lle entregaban agasallos ós nenos das familias máis desfavorecidas.

A segunda parada dos Reis Magos foi á Residencia da Terceira idade onde chegaron acompañados de todo o seu séquito e da banda de gaitas San Martiño, para facerlle entrega os maiores dos agasallos traidos de Oriente.

Sobre as sete e media subian as súas engalanadas carrozas que os agardaban na rúa Quiroga de Arxentina, para recorrer a rúa Real ata o Auditorio Muncipal. A comitiva ía encabezada polos rapaces e rapazas da banda de gaitas San Martiño. A comitiva tirou centos de caramelos ós nenos que a pesar do frío reinante non quixeron perder a oportunidade de ver os Reis Magos.

Xa no Auditorio Municipal, as Súas Maxestades cambiaron as carrozas polos tronos reais, para tras ser recibidos polas autoridade locais comenzar a escoitar unha por unha as peticións para esa noite que todolos nenos lles recordaban para que non se lles esquencese nada do escrito nas cartas.

Como remate da xornada tiña lugar unha Festa Infantil no albergue municipal, cunha merenda chea de larpeiradas.