29 ene 2010

ACTIVIDADES CENTRO SOCIAL

O Centro Social para a terceira Idade organizou as actividades que lles vai ofrecer os seus socios durantes os meses de febreiro, marzo e abril.

No mes de febreiro destacan as actividades encamiñadas á celebración do entroido cunha xornada de animación e convivencia o luns día 15, na que os socios estarán convidados a roscas e sangría; e un baile de disfraces con premios en metálico á participación o martes 16.

Durante este trimestre continuarase co obradoiro de ximnasia e co de memorio social, os xoves, que nesta etapa centrarase nas herbas e plantas máxica, coa identificación e recollida das plantas para a elaboración dun herbario e a entrega dunha guía de plantas medicinais para cada participante.

Tamén se poñerá en marcha o dez de febreiro un novo obradoiro de manualidades, nesta ocasión coa téncica de repuxado de estaño, co forrado de estaño sobre madeira e sobre vidrio.

No mes de marzo, realizarase un concurso de elaboración de tortilla española, con premios para as tres mellores tortillas.

No mes de maio o centro realizará varias excursión encamiñadas a gañar o xubileo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario