21 ene. 2010

CINCO OLIVAREIROS NA MOSTRA DO ACEITE

Cinco olivareiros participarán na Mostra do Aceite que se celebrará o día 7 de marzo no lugar das Farrapas en Bendilló: Jesús Bao Mondelo, Manuel Mondelo Rodríguez,Guillermo Nogueira Veloso, Luis Vicente Arias Prieto e Inocencio Ogando García.

A selección dos participantes fixose tendo en conta un riguroso orden de inscripción nas oficinas municipais por rexistro de entrada e un resultado aceptable da análise química e organoléptica que determinará o laboratorio especializado que dispoña a comisión organizadora. Ademáis a comisión organizadora recollerá mostras ó azar para a súa cata no recinto feiral o mesmo día da mostra.

O evento contará nesta edición cunha alta produción de aceite xa que segundo os olivareiros da zona a recolección das aceitunas quese realizou no mes de decembro foi moito máis abondante que a do pasado ano, o que se traduxo nunha cantidade tamén moi superior en aceite.

Esta será a primeira edición que se celebra tras a concesión ó concello de Quiroga do título de rexistro da marca “Aceite de Quiroga”. O concello asegúrase deste xeito que ningúen alleo a él ou que non conte coa súa autorización poida producir, comercializar, distribuir, promover ou calquera outra actividade relacionada co aceite, empregando a denominación de “Aceite de Quiroga”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario