25 ene 2010

101 CUMPREANOS

Quiroga é terra de centenarios, polo menos son numerosos os veciños que chegan a acadar esa idade e incluso a superalos. É o caso da señora Concepción Rodríguez Regueiro, que onte celebrou os seus 101 anos.

A súa familia máis achegada quixo organizar unha festa para tal celebración. O rexedor local, Julio Alvarez, e a concelleira da área social, Ana Núñez, quixeron felicitar persoalmente á homenaxeada á vez que lle fixeron entrega dunha placa conmemorativa coa felicitación de todos os quirogueses.

Ademáis a foto desta veciña colgará pronto da parede da casa consistorial, que acolle os últimos centenarios do municipio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario