O rexedor local, Julio Alvarez, acompañado dos concelleiros Angel Rodríguez Raposo e Mª Carmen Armesto e dun técnico municipal, achegouse ata a obra do futuro museo da natureza.
O edificio contruiuse con pedra da zona aproveitando o material que o concello foi retirando das casas que se atopaban derrubadas ou que supoñían algún perigo para os veciños. Agora contruiraselle a cuberta a base de madeira e lousa.
Neste espacio preténdese amosar unha representación en imaxes e maquetas, dos ecosistemas característicos de Quiroga, repasando elementos como a flora e a fauna, pero tamén a xeoloxía, xa que formará parte dun proxecto para a creación dunha Ruta Xeolóxica que vai levar a cabo o GDR Ribeira Sacra.
No exterior do edificio está prevista a creación dun pequeno mostrario real das variedades vexetais máis representativas desta zona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario