7 ene. 2010

OS REIS MAGOS ESTIVERON EN QUIROGA

As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente chegaron puntualmente o pasado martes a Quiroga. A primeira das visitas que fixeron foi a Escola Infantil onde os agardaban os cativos da guardería para recibir os seus agasallos, os primeiros que recibirían esa noite. Neste mesmo lugar tamén lle entregaban agasallos ós nenos das familias máis desfavorecidas.

A segunda parada dos Reis Magos foi á Residencia da Terceira idade onde chegaron acompañados de todo o seu séquito e da banda de gaitas San Martiño, para facerlle entrega os maiores dos agasallos traidos de Oriente.

Sobre as sete e media subian as súas engalanadas carrozas que os agardaban na rúa Quiroga de Arxentina, para recorrer a rúa Real ata o Auditorio Muncipal. A comitiva ía encabezada polos rapaces e rapazas da banda de gaitas San Martiño. A comitiva tirou centos de caramelos ós nenos que a pesar do frío reinante non quixeron perder a oportunidade de ver os Reis Magos.

Xa no Auditorio Municipal, as Súas Maxestades cambiaron as carrozas polos tronos reais, para tras ser recibidos polas autoridade locais comenzar a escoitar unha por unha as peticións para esa noite que todolos nenos lles recordaban para que non se lles esquencese nada do escrito nas cartas.

Como remate da xornada tiña lugar unha Festa Infantil no albergue municipal, cunha merenda chea de larpeiradas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario