29 feb 2012

AS RUTAS DO MUNICIPIO DE QUIROGA A CONSULTA NA INTERNET

O concello de Quiroga conta cunha guía de sendeirismo polo noso municipio que se pode consultar a través da internet. Na dirección rutasQuiroga blogspot.com podese atopar información sobre varias rutas.
Neste blog están incluidas a Ruta da Seara a Formigueiros polo val de Forgas; a ruta da Fonte da Cal a Cereixido; a ruta do poseo fluvial dos ríos Sil e Quiroga e d ruta do ouro e do camiño Real de Margaride. Ademáis contén enlaces con aquelas rutas que discurren por varios municipios como son a Ruta do Río Lor: dende o Cebreiro a Augasmentas e da ruta das abellas de Quiroga a Caurel.
Na páxina podese consultar a información destas rutas, dende o seu trazado, a súa dificultade e o tempo estimado para realizala ata unha extensa descripción do recorrido. A información tamén está acompañada por fotos dos lugares polos que transcurren as rutas.

27 feb 2012

NOVO ÉXITO PARA A MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA

Centos de visitantes acudiron onte á XII Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrou no lugar das Farrapas.
O programa da mostra comenza o venres cunha charla sobre o aceite de Quiroga a cargo de José Espinosa Sánchez. Esta charla formaba parte do programa “Coñece o teu contorno, aproveita os recursos”.
Na mostra, que se abría o domingo a partir das once da mañá, puidose ver como sempre o funcionamento do muíño no que se realizaba unha demostración da elaboración tradicional do aceite. Esta parte é o que máis lle chama a atención aos visitantes, que teñen que agardar cola para poder entrar no muiño e presenciar a súa posta en funcionamento.
Unha vez máis atopamos xente de diferentes localidades de Galicia ou incluso de fora, que se achegaron ata Quiroga para presenciar unha feira única na comunidade e que unha vez máis non defraudou aos visitantes.
Nesta edición, no interior da capela das Farrapas, realizouse a cata dos aceites participantes,  na que participaron expertos restauradores e xente allea ao mundo da cociña. Os aceites participantes foron os cinco que estaban a venda nesta edición, os presentados por Jesús Bao Mondelo, Inocencio Ogando García, José Manuel López Maseda, Guillermo Nogueira Veloso e Manuel Mondelo Rodríguez.
O resultado da cata calificou aos aceites comomoi bos, aínda que un pouquiño inferiores os da pasada edición, o que os catadores achacaron á falta de choiva.
Durante toda a xornada, no recinto feiral estaban á venda, o producto estrela, o aceite, e productos típicos da nosa zona. O prezo de venda do aceite, mantense como o ano pasado, así a botella véndese a 7 €, e a partir de tres botellas o prezo baixa a 5€.
Os colleiterios participantes amosáronse moi satisfeitos coas vendas desta edición, aínda que apuntaron que a crise económica deixábase sentir.
Na mostra non faltaron as actuacións de música e danza tradicional galega a cargo das agrupacións locais: A banda de gaitas San Martiño, o grupo de Gaitas O Recanto e o grupo de danzas San Martiño.

24 feb 2012

QUIROGA CELEBRA O DOMINGO A XII MOSTRA DO ACEITE

Quiroga celebra este domingo a XII Mostra do Aceite de Quiroga que se desenvolverá no lugar das Farrapas.
O programa da mostra comenza xa hoxe venres cunha charla sobre o aceite de Quiroga a cargo de José Espinosa Sánchez. Esta charla forma parte do programa “Coñece o teu contorno, aproveita os recursos” e terá lugar na casa da cultura a partir das sete e media da tarde..
Na mostra, que se abrirá o domingo a partir das once da mañá, poderase ver como sempre o funcionamento do muíño no que se realizará unha demostración da elaboración tradicional do aceite, ás once e media.
Media hora máis tarde, no interior da capela das Farrapas, realizarase a cata dos aceites participantes,  na que participarán expertos restauradores e xente allea ao mundo da cociña. Os aceites participantes serán cinco, os presentados por Jesús Bao Mondelo, Inocencio Ogando García, José Manuel López Maseda, Guillermo Nogueira Veloso e Manuel Mondelo Rodríguez.
Na mostra non faltarán as actuacións de música e danza tradicional galega a cargo das agrupacións locais: A banda de gaitas San Martiño, o grupo de Gaitas O Recanto e o grupo de danzas San Martiño. Estas actuacións terán lugar a partir das doce e media da mediodía.

 Durante toda a xornada, no recinto feiral estarán a venda, o producto estrela, o aceite, e productos típicos da nosa zona. O prezo de venda do aceite, mantense como o ano pasado, así a botella véndese a 7 €, e a partir de tres botellas o prezo baixa a 5€.
En canto á seguridade do lugar, este ano a comisión organizadora decidiu que a estrada vella de Montefurado a Bendilló sexa de dirección única en sentido Montefurado. O que obrigará ós visitantes a saír por esta zona, o que lle dará un valor engadido á Mostra do Aceite, xa que os visitantes poderán contemplar as Médulas e o Túnel romano.

O PLENO MUNICIPAL APROBA POR UNANIMIDADE SOLICITAR A CONSTRUCCIÓN DUNHA PONTE SOBRE O RÍO QUIROGA

A corporación municipal celebrou na tarde de onte unha sesión plenaria ordinaria, a partir das cinco da tarde.
       O pleno comenzou coa aprobación da acta da sesión anterior e a continuación debatiuse unha moción do grupo municipal do Partido Popular sobre a mellora de accesos ao Toucedo.
Trátase de solicitarlle á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a construcción dunha ponte paralela á actual sobre o río Quiroga que permita o paso de peatóns e vehículos lixeiros. Ademais de dirixirse ao Ministerio de Fomento para solicitarlle a ampliación do arcén da ponte da N-120 sobre o río.
 Neste punto, que se aprobou por unanimidade, a oposición coincidiu en apuntar que non era o mellor momento para solicitar unha obra e que os organismos ós que se apelaba non a realizarían. Ademais o PSOE fixo fincapé en que non era o mesmo dende o punto da financiación, solicitarlle a obra á Confederación Hidrográfica que a Fomento.
O alcalde contestoulles que o momento viña propiciado polo inminente peche por parte de Fomento do acceso directo dos barrios á N-120. En canto á financiación dixo que se o concello tiña que aportar algunha cantidade estudiaríase a súa viabilidade.
 No apartado de Rogos e preguntas o BNG presentou un rogo no que pedia instarlle á Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, que amplie o programa “Roteiros para a Xuventude”, e que inclúa nel a Quiroga. O alcalde presidente contestou que se daban por enterados desta petición que se lle trasladaría a concellería de xuventude.
 Tamén fixeron unha pregunta sobre se o concello tiña intención de arranxar o camiño das Mazairas, na saída do túnel. A resposta do PP foi que esta é zona de influencia de estradas de Fomento polo que se lle comunicará e de todas formas arranxarase.
 Nesta sesión plenaria, o alcalde presidente anuncioulles aos presentes que en breve prazo celebrarase unha sesión plenaria na que se modificará o regulamento de funcionamento dos plenos, para que non haxa dúbidas por parte dos concelleiros. Algo que suscitou tanta polémica nos últimos plenos.

17 feb 2012

A COMISIÓN ORGANIZADORA ULTIMA A SEGURIDADE DO DESFILE DE COMPARSAS

A comisión organizadora do Entroido reuniuse esta mañá na casa consistorial para rematar cos preparativos para esta celebración. Así, o domingo o Concello ten organizado un concurso de disfraces para comparsas e participantes individuais. A reunión centrouse nesta ocasión na seguridade do desfile, xa que acudían membros de Protección Civil, Grumir e Policía Local.

Neste desfile no que poden participar todas as comparsas que o desexen tanto deste Concello coma doutros, integradas por dez membros como mínimo e disfraces individuais, hai cinco comparsas inscritas, aparte de unha que non concursa e varios disfraces individuais, en total máis de 130 participantes.

As comparsas inscritas teñen hoxe, ás oito do serán unha reunión na Biblioteca Municipal, para sortear o posto no que sairán durante o desfile.

Os premios establecidos son un primeiro premio de 500,00 €, un segundo premio de 300,00 € e un terceiro premio de 150,00 €. Ademais cada comparsa participante recibirá 60€ e no caso de disfraces individuais establéceuse un único premio de 60,00 €.

O Xurado estará integrado por un membro de cada comparsa participante que despois de asistir ao desfile valorará a cada comparsa menos á que representa. Valorarase especialmente a orixinalidade dos disfraces, a coreografía e a escenografía.

A saída do desfile terá lugar dende a Rúa das Piscinas, o domingo ás cinco da tarde, continuando pola Rúa Real ata a Casa da Cultura. A entrega de premios terá lugar diante do Concello, no baile de disfraces amenizado polo dúo Fondo Tropical.

Ademáis do desfile de comparsas o concello organizou para o luns día 20, a partir das cinco da tarde, unha gran festa infantil de disfraces, na discoteca Lor.

Aproveitando esta xuntanza a comisión organizadora do entroido recorda a prohibición de uso de material pirotécnico, incluídos os petardos chamados tronos ou morteiros. Toda aquela persoa que a Policía Local vexa tirando este tipo de petardos ou na súa posesión será sancionado.

16 feb 2012

O PRESIDENTE DA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL VISITOU ESTA MAÑÁ QUIROGA

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, visitaba esta mañá o noso concello, onde se entrevistaba co alcalde de Quiroga, Julio Alvarez.

Tras a recepción na casa consistorial, trasladábanse ata as inmediacións do paseo fluvial, onde o concello quere realizar unha pasarela sobre o río Quiroga para dar servizo aos veciños dos barrios do Toucedo e Secide.

O presidente da confederación hidrográfica acolleu a petición do concello con interés a pesar do seu elebado custo, xa que o presuposto da obra roldaría os 600.000 €. Non obstantee, Fernández Liñares, dixo que a Confederación acollerá a petición con responsabilidade.

15 feb 2012

MAÑÁ REMATA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO DESFILE DE COMPARSAS DO DOMINGO

O domingo día 19 de febreiro o Concello de Quiroga, organiza un concurso de disfraces para comparsas e participantes individuais.

Neste desfile poden participar todas as comparsas que o desexen tanto deste Concello coma doutros, sempre e cando estean integradas por dez membros como mínimo. Ademais das comparsas, poden participar disfraces individuais, (nesta modalidade o máximo serán tres membros por grupo).

Os premios establecidos son para a modalidade de comparsa: Un primeiro premio de 500,00 €, un segundo premio de 300,00 € e un terceiro premio de 150,00 €. Ademais cada comparsa participante recibirá 60€ e no caso de disfraces individuais establécese un único premio para esta modalidade de 60,00 €.

O Xurado estará integrado por un membro de cada comparsa participante que despois de asistir ao desfile valorará a cada comparsa menos á que representa. Valorarase especialmente a orixinalidade dos disfraces, a coreografía e a escenografía.

A saída do desfile terá lugar dende a Rúa das Piscinas, o domingo ás cinco da tarde, continuando pola Rúa Real ata a Casa da Cultura. A entrega de premios terá lugar diante do Concello, no baile de disfraces amenizado polo dúo Fondo Tropical.

As inscricións para participar deberán de faranse na Casa da Cultura antes do 16 de febreiro, ben persoalmente ou ben chamando ó teléfono 982435125.

Ademáis do desfile de comparsas o concello organizaou para o luns día 20, a partir das cinco da tarde, unha gran festa infantil de disfraces, na discoteca Lor.

3 feb 2012

ALBERTE MONTES PRESENTA O DOMINGO O ESPECTÁCULO "DE PALIQUEIRO POR GALIZA"

Este domingo, a partir das seis e media da tarde, a Casa da Cultura, acollerá o espectáuclo "De Paliqueiro por Galiza" de Alberte Montes. Este espectáculo está organizado polo propio actor dentro da xira que está a realizar por toda Galicia.

Alberte Montes é un actor galego-catalán de gran proxección, orixinario de Anguieiros (Quiroga). Ten experiencia en teatro, cinema e tv. Con frecuencia visita Galicia para representar os seus mellores monólogos. É o caso desta ocasión, na que presenta un novo espectáculo de transgresión carnavaleira no que disfraza a realidade con retranca e amosa o seu mellor repertorio histriónico e surrealista.