24 feb. 2012

O PLENO MUNICIPAL APROBA POR UNANIMIDADE SOLICITAR A CONSTRUCCIÓN DUNHA PONTE SOBRE O RÍO QUIROGA

A corporación municipal celebrou na tarde de onte unha sesión plenaria ordinaria, a partir das cinco da tarde.
       O pleno comenzou coa aprobación da acta da sesión anterior e a continuación debatiuse unha moción do grupo municipal do Partido Popular sobre a mellora de accesos ao Toucedo.
Trátase de solicitarlle á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a construcción dunha ponte paralela á actual sobre o río Quiroga que permita o paso de peatóns e vehículos lixeiros. Ademais de dirixirse ao Ministerio de Fomento para solicitarlle a ampliación do arcén da ponte da N-120 sobre o río.
 Neste punto, que se aprobou por unanimidade, a oposición coincidiu en apuntar que non era o mellor momento para solicitar unha obra e que os organismos ós que se apelaba non a realizarían. Ademais o PSOE fixo fincapé en que non era o mesmo dende o punto da financiación, solicitarlle a obra á Confederación Hidrográfica que a Fomento.
O alcalde contestoulles que o momento viña propiciado polo inminente peche por parte de Fomento do acceso directo dos barrios á N-120. En canto á financiación dixo que se o concello tiña que aportar algunha cantidade estudiaríase a súa viabilidade.
 No apartado de Rogos e preguntas o BNG presentou un rogo no que pedia instarlle á Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, que amplie o programa “Roteiros para a Xuventude”, e que inclúa nel a Quiroga. O alcalde presidente contestou que se daban por enterados desta petición que se lle trasladaría a concellería de xuventude.
 Tamén fixeron unha pregunta sobre se o concello tiña intención de arranxar o camiño das Mazairas, na saída do túnel. A resposta do PP foi que esta é zona de influencia de estradas de Fomento polo que se lle comunicará e de todas formas arranxarase.
 Nesta sesión plenaria, o alcalde presidente anuncioulles aos presentes que en breve prazo celebrarase unha sesión plenaria na que se modificará o regulamento de funcionamento dos plenos, para que non haxa dúbidas por parte dos concelleiros. Algo que suscitou tanta polémica nos últimos plenos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario