27 feb. 2012

NOVO ÉXITO PARA A MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA

Centos de visitantes acudiron onte á XII Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrou no lugar das Farrapas.
O programa da mostra comenza o venres cunha charla sobre o aceite de Quiroga a cargo de José Espinosa Sánchez. Esta charla formaba parte do programa “Coñece o teu contorno, aproveita os recursos”.
Na mostra, que se abría o domingo a partir das once da mañá, puidose ver como sempre o funcionamento do muíño no que se realizaba unha demostración da elaboración tradicional do aceite. Esta parte é o que máis lle chama a atención aos visitantes, que teñen que agardar cola para poder entrar no muiño e presenciar a súa posta en funcionamento.
Unha vez máis atopamos xente de diferentes localidades de Galicia ou incluso de fora, que se achegaron ata Quiroga para presenciar unha feira única na comunidade e que unha vez máis non defraudou aos visitantes.
Nesta edición, no interior da capela das Farrapas, realizouse a cata dos aceites participantes,  na que participaron expertos restauradores e xente allea ao mundo da cociña. Os aceites participantes foron os cinco que estaban a venda nesta edición, os presentados por Jesús Bao Mondelo, Inocencio Ogando García, José Manuel López Maseda, Guillermo Nogueira Veloso e Manuel Mondelo Rodríguez.
O resultado da cata calificou aos aceites comomoi bos, aínda que un pouquiño inferiores os da pasada edición, o que os catadores achacaron á falta de choiva.
Durante toda a xornada, no recinto feiral estaban á venda, o producto estrela, o aceite, e productos típicos da nosa zona. O prezo de venda do aceite, mantense como o ano pasado, así a botella véndese a 7 €, e a partir de tres botellas o prezo baixa a 5€.
Os colleiterios participantes amosáronse moi satisfeitos coas vendas desta edición, aínda que apuntaron que a crise económica deixábase sentir.
Na mostra non faltaron as actuacións de música e danza tradicional galega a cargo das agrupacións locais: A banda de gaitas San Martiño, o grupo de Gaitas O Recanto e o grupo de danzas San Martiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario