26 dic 2012

A OFICINA DE XUVENTUDE ORGANIZA OS CAMPIONATOS DE NADAL NOS PUBS

Comenzaron os campionatos de Nadal nos pubs organizados dende a  oficina de xuventude.
O primeiro deles comenzou o pasado sábado no Pub Tic Tac e foi de futbolín.
Esta noite no Pub Bunny disputarase un campionato de dardos, mañá no Pub Ruxe-Ruxe o campionato será de póker; e o venres o Disco-Pub Yoya acollerá o campionato de futbolín.
A vinderia semana, o xoves día 3 no Pub Taj Mahal disputarase novamente un campionato de futbolín; e o venres día 4 no Goya Music Bar de chupito veloz.
Todos os campionatos comenzarán a partir da media noite e os gañadores levarán os seguintes premios:
1º PREMIO: Ceas para dúas persoas no Hostal Marcos.
2º PREMIO: Vales de 20 €uros para a tenda Evolution Sport.
3º PREMIO: Cesta navideña.

18 dic 2012

O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLE ESTE SÁBADO UN CONCERTO DE NADAL


            A área de Cultura do concello organizou para este sábado o seu tradicional concerto de Nadal.
No concerto actuará a Coral Polifónica de Quiroga, o grupo de danzas San Martiño e a banda de gaitas do mesmo nome.
Ademais realizarase o sorteo benéfico dunha cesta con produtos típicos en beneficio de Uxía.
O concerto comezará a partir das sete da tarde no Auditorio Municipal.

13 dic 2012

NUMEROSAS ACTIVIDADES PARA AS FESTAS DE NADAL


O concello de Quiroga organizou un amplo número de actividades para este mes de decembro e para as festas de Nadal.

Dende a área de cultura oganizouse un certame de posesía infantil, a visita de Papá Noel ao telecentro, en colaboración co Colexio de Educación Infantil e Primaria, o tradicional concerto de Nadal, no que participarán a banda de gaitas San Martiño, o grupo de danzas San Martiño e a Coral Polifónica de Quiroga. A proxección da película O Apóstolo e un concerto de canto e piano a cargo de Josep Ramos.

Dende a área de educación organizouse a Ludoteca de Nadal e un concurso de postais en colaboración coa área de Xuventude. Esta última a súa vez organizou os campionatos nos diferentes pubs da vila, este ano haberá campionatos de fútbolín, dardos, poker e do chupito veloz.

O centro social organizou unha xornada de celebración de Nadal, baixo o nome de Xuntos celebramos o Nadal, así como o sorteo dunha cesta de nadal e un baile especial de despedida de ano.

A área de deportes ten organizada a participación das Escolas Deportivas Municipais no torneo Azkar, nas categorías alevín e infantil e un torneo de fútbol sala de Nadal.

Todas estas actividades rematarán o día 5 de xaneiro, coa Cabalgata de Reis.

7 dic 2012

XUVENTUDE ORGANIZA UN CURSO DE INGLÉS


Dende a oficina de xuventude, organízase un curso de inglés dirixido á preparación do exame “First Certificate”. Este exame correspóndese co Nivel B2 do Marco de Referencia Europeo.
 
Aas clases terán o seu comezo o mércores día 19, e realizaranse todos os mércores durante unha hora, dende as cinco da tarde ata as seis, na casa de cultura.
 
As persoas interesadas en participar no curso deben de inscribirse na casa de cultura ou no teléfono 982 435 125.

 

VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NOEL


Os nenos de Quiroga poderán atoparse un ano máis con Papá Noel a través de videoconferencia. A iniciativa parte da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Cemit), na que está incluído o noso municipio.
 
O programa que conectará aos escolares que o desexen con Papá Noel permitiralle os nenos de Quiroga comunicarse con este persoaxe de Nadal o martes, 18 de decembro.
 
Con este tipo de actividade, a rede pretende converter as aulas multimedia integradas dende varios municipios de toda a comunidade autónoma en puntos de encontro. A videoconferencia en tempo real con Papá Noel servirá para dar a coñecer as posibilidades que ofrecen estes espazos de comunicación e as tecnoloxías das que dispoñen.

4 dic 2012

A XIII MOSTRA DO ACEITE XA TEN DATA PARA A SÚA CELEBRACIÓN


Onte  tivo lugar no Concello Quiroga  a primeira reunión da Comisión Organizadora da  Mostra do Aceite, presidida polo Alcalde e coa asistencia dos colleiteiros e persoal da organización.
 Nesta primeira reunión  a Comisión Organizadora  realizou unha  análise e avaliación  da pasada edición,  con ánimo de   mellorar  aqueles aspectos  que se poida para  facer que a vindeira mostra, a  XIII Mostra do ACceite de Quiroga,  supere a tódalas anteriores.
A data escollida pola organización para a celebración da XIII  Mostra do Aceite, no muiño de Bendilló, foi o  domingo, 24 de febreiro.
Previo a esta data, concretamentente o sábado día 16  de febreiro, desenvolveranse unha xornadas técnicas sobre o cultivo e a presenza na gastronomía  do aceite  de Quiroga, contando con persoas expertas na materia.