13 dic 2012

NUMEROSAS ACTIVIDADES PARA AS FESTAS DE NADAL


O concello de Quiroga organizou un amplo número de actividades para este mes de decembro e para as festas de Nadal.

Dende a área de cultura oganizouse un certame de posesía infantil, a visita de Papá Noel ao telecentro, en colaboración co Colexio de Educación Infantil e Primaria, o tradicional concerto de Nadal, no que participarán a banda de gaitas San Martiño, o grupo de danzas San Martiño e a Coral Polifónica de Quiroga. A proxección da película O Apóstolo e un concerto de canto e piano a cargo de Josep Ramos.

Dende a área de educación organizouse a Ludoteca de Nadal e un concurso de postais en colaboración coa área de Xuventude. Esta última a súa vez organizou os campionatos nos diferentes pubs da vila, este ano haberá campionatos de fútbolín, dardos, poker e do chupito veloz.

O centro social organizou unha xornada de celebración de Nadal, baixo o nome de Xuntos celebramos o Nadal, así como o sorteo dunha cesta de nadal e un baile especial de despedida de ano.

A área de deportes ten organizada a participación das Escolas Deportivas Municipais no torneo Azkar, nas categorías alevín e infantil e un torneo de fútbol sala de Nadal.

Todas estas actividades rematarán o día 5 de xaneiro, coa Cabalgata de Reis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario