30 jul 2014

O 10 DE AGOSTO CELEBRASE A XXIII MOSTRA DO MEL DE QUIROGA

    O Concello de Quiroga, está a traballar na organización da XXIII Mostra do Mel de Quiroga, que terá lugar o domingo día 10 de agosto coincidindo coa feira mensual máis importante do ano e nesta edición coas festas de verán de Quiroga.
Puntual a súa cita de todos os veráns durante 23 anos, este evento gastronómico ten como obxectivo principal dar a coñecer as magníficas calidades do mel que se produce na zona de Quiroga, que comparte un lugar destacado con produtos como o viño, o aceite ou as castañas.

    O venres día 8 de agosto a partir das oito e media do serán na Casa da Cultura sortearanse os postos de venda e entregaránselle as credenciais aos seis apicultores participantes. O domingo, 10 de agosto, ás once da mañá inaugurarase o recinto feiral onde se poñerá a venda e exposición o mel e outros produtos típicos da zona. Estes productos estarán a disposición de quen o desexe dende primeiras horas da mañá ata despois do xantar. Tralo corte de cinta dará comezo a alborada e posterior concerto da man do grupo de música tradicional "XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER".

  Os apicultores participantes nesta edición son Isabel Marcos López, da Ponte Rodela; Manuel Macía González, das Estradas; Ángel Gómez Martínez, de Paradapiñol; Andrés Campo García, de Fisteus; Manuel Rodríguez Fernández, de Centeais e Eduardo López Arias, de Quiroga.


FESTAS DE VERÁN 2014

Un ano máis e dende os distintos departamentos do Concello Quirogués elaboruse un amplo programa para a celebración das nosas festas de verán onde se intenta dar cabida a tódolos sectores de poboación, dende infancia, xuventude, terceira idade e público en xeral, e que veciños e visitantes da vila disfruten o máximo destes días de festa.

Así o xoves día 7 de agosto ás dez da noite, e na praza España, terá lugar a celebración do 22 aniversario da Banda de Gaitas San Martiño, na que actuarán xunto con outros colectivos como o grupo de danzas do mesmo nome e o grupo de Danzas Arume da Queiruga.

Ás once e media da noite Nunci Valcárcel será a encargada de facer bailar a veciños e visitantes co seu repertorio nas inmediación dos bares Kiper e Raposo.

O venres ás doce da mediodía a Banda de Gaitas fará unha alborada polas rúas do pobo para lembrarnos que Quiroga continúa de festa.Nesta semana e ata o día 11, tamén se poderá visitar a Exposición de Debuxo do artista ,Javier Sotuela, na sala de exposicións da casa da cultura.

Xa pola tarde as oito,no parque da constitución celebrarase un Torneo de Street Soccer organizado pola á rea de deportes, neste mesmo lugar e a partir das nove e media da noite celebrarase a novena edición da Festa da Comunidade onde este ano se poderá degustar unha gran paella de marisco con tarrina de xeado pan e bebidas o prezo de 5 euros por persoa, para continuar trala merenda cun animado baile a cargo do Dúo musical, Fondo Tropical.

A media noite sobre as doce e media e na zona dos pubs unha nova edición da Festa da Xuventude, na cal se farán entrega dos premios do concurso de poesía e que se continuará ca presentación do cantaautor David Prado acompañado pola Belladonna Band, o grupo local MASKARPONE e o xa coñecido grupo vigués MAS IVA.

O sábado a partir da unha da mediodía, a Banda Municipal de música de Rábade e Begonte ofrecerá un concerto diante da casa do concello. Xa pola tarde teremos deportes no campo do San Martiño onde as 6 da tarde será a presentación do novo equipo do Quiroga para a vindeira tempada e disputarase o trofeo Xoiería Zafiro.
 A partir das sete e media e na praza España contaremos co sexto Concurso Pinta con Xiz no Chan organizado pola área de Educación e media hora máis tarde haberá un Taller de Maquillaxe e Globoflexia para os máis cativos.As dez da noite comezará a festa popular coa orquestra FANIA BLANCO SHOW, pero o prato forte das festas será as doce da noite a actuación do grupo de música tradicional TREIXADURA E ORFEON.

O domingo día 10 de agosto ás once da mañá, inauguración da 23 edición da Mostra do Mel, tralo corte de cinta dará comezo a alborada e posterior concerto da man do grupo de música tradicional XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER, a unha da mediodía teatro de rúa a cargo de Títeres VIRAVOLTA, que presenta o espectáculo TITIRITEIROS.

As oito do serán e de novo na praza España terá lugar o espectáculo de animación infantil LLILLA E FIFO,

E a partir das nove e media da noite festa popular co Grupo  GARIBALDI e a orquestra MARBELLA.


24 jul 2014

EXPOSICIÓN "DEBUXOS A PLUMILLA" DE JAVIER RODRÍGUEZ SOTUELA

   Continuando coa oferta cultural que dende o Concello se está ofertando nestes meses de verán, o vindeiro luns, día 28, ás 20:00 h. ábrese o público  a exposición  “DEBUXOS A PLUMILLA  “ de Javier  Rodríguez Sotuela.
    A Sala de Exposicións do Concello de Quiroga albergará as obras deste artista ata  o día 11 de agosto.
   Javier Rodríguez Sotuela  é un artista polifacético así   a maiores de ser debuxante  a plumilla é cantautor, faceta que en Quiroga ben coñecemos por participar en varias edicións do Encontro de Poetas no Val de Quiroga .

    Esta exposición, que consta de  corenta láminas de temática variada, entre elas, unha vintena que son reflexo de patrimonio histórico  e natural do Concello de Quiroga; está organizada pola Área de Cultura do Concello de Quiroga.

SPOT XXIII MOSTRA DO MEL

23 jul 2014

O CONCELLO ORGANIZA DIFERENTES ACTOS O 25 DE XULLO CO GALLO DO DÍA DE GALICIA

     O venres día 25, co gallo do Día de Galicia, o Concello de Quiroga ten programadas as seguintes actividades:

- Ás 13:15h. Recepción aos colectivos culturais no Salón de Sesións do Concello.

- Ás 13:30 h. Actuación da Banda de Gaitas “ San Martiño”.

 Ás 20:00 h. No Auditorio Municipal o espectáculo “Os Bolechas e o Sabichón”, organizado pola Área de Educación , a través da Rede de Dinamización Lingüística.


 O programa de dinamización lingüística FalaRedes, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, presenta a actividade “Os Bolechas e o Sabichón”   coa que se pretende  achegar o público familiar ao galego de xeito lúdico e divertido,  esta é  terceira edición de FalaRedes  que amplía a súa pro­gramación cun espectáculo protagonizado polos famosos personaxes creados por Pepe Carreiro, que farán as delicias dos cativos e cativas de 4 a 8 anos e das súas familias.


 A maiores de promover o uso da lingua de Galicia, como busca o programa de dinamización con propostas de lecer de calidade no noso idioma, Os Bolechas e o Sabichón tamén ten a súa parte didáctica, xa que a actividade simula un concurso no que tanto os irmáns Bolechas coma os nenos e nenas asistentes deberán demostraren os seus coñecementos e habilidades lingüísticas.

22 jul 2014

IX FESTA DA COMUNIDADE

O Concello xa puxo a venda as entradas para participar na novena edicción da Festa da Comunidade e que este ano se celebra o venres día 8 de agosto´no parque da Constitución as 9:30 da noite. O menú estará composto dunha gran paella de marisco, pan, bebidas variadas e como postre tarrina de xeado, todo isto poderase degustar comodamente sentados en sillas e mesas, todo isto o módico prezo de 5 euros por persoa.
A relación de bares e estabrecementos donde se poden adquirir as entradas son: cafetería as Palmeras, bar Portón, bar Raposo,cafetería Quiper, a Taberna, bar Lago, bar Felix, bar Zorro,bar Cantar Miudíño,bar Recuncho de Dino, na tenda Todocien e no Centro Social. Dende a organización tamén lembran, que como todolos anos, as entradas, tamén se poden sacar no mesmo recinto o día 8 pola tarde.

          As entradas para participar na comida organizada dende o concello, xa están a venda, ao prezo de 5 € en bares e establecementos de Quiroga; pero tamén se poderán adquirir o mesmo días da festa no propio recinto.

          Tras a cea haberá festa popular amenizada polo dúo local Fondo Tropical.

15 jul 2014

CONCURSO FOTOGRÁFICO A TRAVÉS DE INSTAGRAN E FACEBOOK

A oficina municipal de información xuvenil de Quiroga convocou un concurso fotográfico que se desenvolverá a través dás redes sociais Instagram e Facebook. No certame, denominado Instaquiroga, os participantes deben conseguir cos seus traballos o maior número posible de «gústame» en Facebook ata ou 4 de agosto.

Os pasos que deben seguir os particípantes comenzan por sacar ata tres fotografías de Quiroga en Instagram. Seguidamente deben facerse amigos en Facebook dá oficina que convoca o premio, denominada Omix Quiroga nesta rede. Ás fotografas deben publicarse no perfil de Facebook dá oficina e no Instagram de cada participante, nomeando aos organizadores. Cada imaxe debe ir acompañada dun título e dá etiqueta #instaquiroga.

O autor dá imaxe que consiga un maior número de votos nas redes sociais será galardoado cunha tablet. O premio será entragado ao gañador o 8 de agosto na zona dous pubs, durante a Festa dá Xuventude.



A AUGA E O LIXO XA SE PAGAN NUN MESMO RECIBO

O concello de Quiroga puxo en marcha os  novos recibos da auga que están chegando estes días as vivendas con varias variacións. A primeira delas é que se unifica o recibo, é decir, que no mesmo recíbo cóbrase o consumo de auga e o lixo – ecotaxa. No documento que as entidades bancarias están enviando aos domicilios xa van cargados estes dous conceptos, aínda que non se especifica, o que si se fará a partir do próximo recibo.
Outra das novidades é que o recibo é trimestral, e non bimensual como ata agora, é decir inclúe os meses de abril, maio e xuño. Con este cambio, anualmente recibiranse catro recibos e non seis como anteriormente.
O concello, ao facerse cargo novamente do servizo de suministro de auga decidiu eliminar dous conceptos polos que cobraba a empresa anteriormente concesionaria, a cuota de conservación e o canon de conservación, polo que cada usuario aforrará en cada factura catro euros. Ao deixarse de cobrar estes conceptos, o contador pasa a ser propiedade e responsabilidade do usuario.
Ao pasar a realizarse unha lectura do consumo trimestralmente o gasto en auga é maís alto que era cando se facía cada dous meses, polo que a corporación municipal aprobou en sesión plenaria unha modificación das tarifas da auga ampliando os tramos de consumo. Así o primeiro tramo, o consumo medio dos fogares, ampliouse de 15 metros cúbicos a 23 metros cúbicos, manténdose o importe por metro cúbico de consumo prácticamente igual, de 24 céntimos a 25.

O concello ten situada a oficina de augas no Centro de Formación Ocupacional Pía Páxaro, polo que para calquera consulta ou dúbida sobre os novos recibos poden achegarse este departamento en horario de mañá de luns a venres.

CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL

O Concello de Quiroga, dende Área de Educación organiza un Concurso de Debuxo Infantil, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
O debuxo terá como tema o Verán en Quiroga e deberá ser orixinal e realizado por calquera medio plástico; lapis, tinta, acuarela, acrílico, óleo, “collage”, gravado ou mixtos. O tamaño mínimo será de formato A4.     
No reverso do debuxo irán os datos do autor; nome e apelidos, teléfono e dirección. O debuxo presentarase na Casa de Cultura dentro dun sobre pechado coa idade e o nome do/a participante no seu exterior, antes do 31 de xullo.
Existen tres categoría: A) De 3 a 5 anos. B) De 6 a 8 anos. C) De 9 a 12 anos.
A entrega de premios, que serán tres premios sorpresa por categoría, terá lugar nas Festas de Verán de Quiroga.

7 jul 2014

EXPOSICIÓN DE CAPAS TRADICIONAIS NO MUSEO ETNOGRÁFICO

Con motivo da clausura do III Curso de Tecido Tradicional no Museo Etnográfico Municipal de Quiroga, o día 14 de xullo ás 19 h, inaugúrase unha exposición de capas tradicionais da Serra do Caurel e Quiroga que estará aberto ao público no horario habitual do Museo Etnográfico durante os meses de xullo, agosto e setembro.
Durante o curso de tecido tradicional que se desenvolveu durante os meses de maio, xuño e xullo os alumnos/as confeccionaron como práctica un conxunto de capa con capucha e saia tradicionais da Serra do Caurel. Para a súa elaboración empregaron pura la de ovella negra.
Ademais desta peza exporanse outras procedentes de distintos puntos da Serra do Caurel: Meiraos, a Cruz de Outeiro, Visuña, Céramo, e Pacios da Serra.

Como novidade, aproveitando a apertura desta exposición, o Museo Etnográfico de Quiroga exporá por primeira vez ao público e formando parte da súa colección estable unha coroza ou capa de auga elaborada con xuncos que foi típica nas zonas de montaña de todo o noroeste peninsular.