23 jul 2014

O CONCELLO ORGANIZA DIFERENTES ACTOS O 25 DE XULLO CO GALLO DO DÍA DE GALICIA

     O venres día 25, co gallo do Día de Galicia, o Concello de Quiroga ten programadas as seguintes actividades:

- Ás 13:15h. Recepción aos colectivos culturais no Salón de Sesións do Concello.

- Ás 13:30 h. Actuación da Banda de Gaitas “ San Martiño”.

 Ás 20:00 h. No Auditorio Municipal o espectáculo “Os Bolechas e o Sabichón”, organizado pola Área de Educación , a través da Rede de Dinamización Lingüística.


 O programa de dinamización lingüística FalaRedes, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, presenta a actividade “Os Bolechas e o Sabichón”   coa que se pretende  achegar o público familiar ao galego de xeito lúdico e divertido,  esta é  terceira edición de FalaRedes  que amplía a súa pro­gramación cun espectáculo protagonizado polos famosos personaxes creados por Pepe Carreiro, que farán as delicias dos cativos e cativas de 4 a 8 anos e das súas familias.


 A maiores de promover o uso da lingua de Galicia, como busca o programa de dinamización con propostas de lecer de calidade no noso idioma, Os Bolechas e o Sabichón tamén ten a súa parte didáctica, xa que a actividade simula un concurso no que tanto os irmáns Bolechas coma os nenos e nenas asistentes deberán demostraren os seus coñecementos e habilidades lingüísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario