15 jul 2014

A AUGA E O LIXO XA SE PAGAN NUN MESMO RECIBO

O concello de Quiroga puxo en marcha os  novos recibos da auga que están chegando estes días as vivendas con varias variacións. A primeira delas é que se unifica o recibo, é decir, que no mesmo recíbo cóbrase o consumo de auga e o lixo – ecotaxa. No documento que as entidades bancarias están enviando aos domicilios xa van cargados estes dous conceptos, aínda que non se especifica, o que si se fará a partir do próximo recibo.
Outra das novidades é que o recibo é trimestral, e non bimensual como ata agora, é decir inclúe os meses de abril, maio e xuño. Con este cambio, anualmente recibiranse catro recibos e non seis como anteriormente.
O concello, ao facerse cargo novamente do servizo de suministro de auga decidiu eliminar dous conceptos polos que cobraba a empresa anteriormente concesionaria, a cuota de conservación e o canon de conservación, polo que cada usuario aforrará en cada factura catro euros. Ao deixarse de cobrar estes conceptos, o contador pasa a ser propiedade e responsabilidade do usuario.
Ao pasar a realizarse unha lectura do consumo trimestralmente o gasto en auga é maís alto que era cando se facía cada dous meses, polo que a corporación municipal aprobou en sesión plenaria unha modificación das tarifas da auga ampliando os tramos de consumo. Así o primeiro tramo, o consumo medio dos fogares, ampliouse de 15 metros cúbicos a 23 metros cúbicos, manténdose o importe por metro cúbico de consumo prácticamente igual, de 24 céntimos a 25.

O concello ten situada a oficina de augas no Centro de Formación Ocupacional Pía Páxaro, polo que para calquera consulta ou dúbida sobre os novos recibos poden achegarse este departamento en horario de mañá de luns a venres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario