30 jul 2014

O 10 DE AGOSTO CELEBRASE A XXIII MOSTRA DO MEL DE QUIROGA

    O Concello de Quiroga, está a traballar na organización da XXIII Mostra do Mel de Quiroga, que terá lugar o domingo día 10 de agosto coincidindo coa feira mensual máis importante do ano e nesta edición coas festas de verán de Quiroga.
Puntual a súa cita de todos os veráns durante 23 anos, este evento gastronómico ten como obxectivo principal dar a coñecer as magníficas calidades do mel que se produce na zona de Quiroga, que comparte un lugar destacado con produtos como o viño, o aceite ou as castañas.

    O venres día 8 de agosto a partir das oito e media do serán na Casa da Cultura sortearanse os postos de venda e entregaránselle as credenciais aos seis apicultores participantes. O domingo, 10 de agosto, ás once da mañá inaugurarase o recinto feiral onde se poñerá a venda e exposición o mel e outros produtos típicos da zona. Estes productos estarán a disposición de quen o desexe dende primeiras horas da mañá ata despois do xantar. Tralo corte de cinta dará comezo a alborada e posterior concerto da man do grupo de música tradicional "XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER".

  Os apicultores participantes nesta edición son Isabel Marcos López, da Ponte Rodela; Manuel Macía González, das Estradas; Ángel Gómez Martínez, de Paradapiñol; Andrés Campo García, de Fisteus; Manuel Rodríguez Fernández, de Centeais e Eduardo López Arias, de Quiroga.


No hay comentarios:

Publicar un comentario