7 jul. 2014

EXPOSICIÓN DE CAPAS TRADICIONAIS NO MUSEO ETNOGRÁFICO

Con motivo da clausura do III Curso de Tecido Tradicional no Museo Etnográfico Municipal de Quiroga, o día 14 de xullo ás 19 h, inaugúrase unha exposición de capas tradicionais da Serra do Caurel e Quiroga que estará aberto ao público no horario habitual do Museo Etnográfico durante os meses de xullo, agosto e setembro.
Durante o curso de tecido tradicional que se desenvolveu durante os meses de maio, xuño e xullo os alumnos/as confeccionaron como práctica un conxunto de capa con capucha e saia tradicionais da Serra do Caurel. Para a súa elaboración empregaron pura la de ovella negra.
Ademais desta peza exporanse outras procedentes de distintos puntos da Serra do Caurel: Meiraos, a Cruz de Outeiro, Visuña, Céramo, e Pacios da Serra.

Como novidade, aproveitando a apertura desta exposición, o Museo Etnográfico de Quiroga exporá por primeira vez ao público e formando parte da súa colección estable unha coroza ou capa de auga elaborada con xuncos que foi típica nas zonas de montaña de todo o noroeste peninsular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario