30 jun. 2010

O CONCELLO DE QUIROGA OFERTA UN AMPLO ABANO DE ACTIVIDADES PARA ESTE VERÁN

En rolda de prensa presentaronse no Telecentro da Casa da Cultura as actividades lúdico-culturais ofertadas dende o concello de Quiroga para os meses de xullo, agosto e setembro.


O rexedor local, destacou o amplo abano de actividades presentadas a pesar de atoparnos en época de crise, e resaltou a imaginación dos que traballaron para realizar este programa.

A concelleira da área social, Ana Núñez, presentou as actividades dirixidas á infancia, xuventude e muller. Mentres que o concelleiro de Cultura e Deportes, José Luis Rivera, falou dos deportes organizados para a época estival e destacou o concerto de Milladoiro como acto central das festas de verán de Quiroga.

29 jun. 2010

15 ALUMNOS DO I.E.S. DE QUIROGA SUPERAN AS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE

15 alumnos do instituto de Quiroga, dos 18 que se presentaron, acadaron superar as probas de acceso á universidade.

Os alumnos que tiveron que desprazarse ata o Instituto Cosme López de a Rúa, e aprobaron a selectividade foron:

• Calvo Sánchez, José Ramón.
• Carballedo Rodríguez, Raúl.
• Coba Macía, Iván.
• González Arza, Ana Kelly.
• González Méndez, Aida.
• López Gómez, Laura.
• López González, Santiago.
• Megía García, Alvaro Rodrígo.
• Mondelo Macía, Paula.
• Rajo Macía, Daniel.
• Rivas Pérez, Silvia
• Rodríguez Ramírez, Catarina.
• Touzón Fernández, Mª del Carmen.
• Vázquez López, Laura.
• Vega Campos, Lorena.

NOVOS HORARIOS DO MUSEO ETNOGRÁFICO

O Museo Etnográfico Municipal contará durante os meses de xullo, agosto e setembro, cun novo horario de apertura ó público.

Así de luns a venres o museo permanecerá aberto dende as once e media da mañá ata as duas da mediodía. Os sábados, domingos e festivos o horario de apertura será de doce a unha da mediodía.

Ademais para grupos haberá horarios especiais con guía mediante cita previa no teléfono da casa da cultura 982.43.51.25.

23 jun. 2010

100 KILOS DE SARDIÑAS PARA CELEBRAR O SAN XOAN

Esta mañá reuníanse os encargados de coordinar os actos organizados dende o concello con motivo da celebración esta noite do San Xoán. Nesta xuntanza perfiláronse estas actividades.

O acto central da celebración será unha gran sardiñada a que están convidados todolos veciños. A sardiñada, na que se asarán uns 100 kilos de sardiñas, terá lugar no merendoiro do parque da Constitución a partir das oito e media do serán.

Sobre as once da noite encenderanse as fogatas para que os máis atrevidos poidan saltar pedindo os seus desexos. Como medida de precaución no recinto situarase a carroceta moto bomba.

21 jun. 2010

LOITO OFICIAL POLO FILLO PREDILECTO DE QUIROGA

A alcaldía de Quiroga decretou o pasado sábado tres días de loito oficial polo falecemento do Ex-Presidente del Excmo. Parlamento de Galicia, Ex-Presidente de la Excma. Diputación Provincial de Ourense, Diputado Provincial e Nacional, Ex-Senador nas duas penúltimas lexislaturas, e único Fillo Predilecto que tivo Quiroga.

Durante estes tres días as bandeiras do balcón da casa consistorial ondean a media asta e portan un crespón negro en sinal de loito.
Falecido o sábado ós 74 anos, Victorino Núñez foi incinerado onte á primeira hora da tarde en Ourense. Aínda que os funerais celebraranse mañá en Quiroga. No seu legado D. Victorino Nuñez, deixoulle a Quiroga o edificio da Casa da Cultura (a primera que se fixo na Provincia de Lugo) e o Auditorio Municipal que leva na súa honra o seu nome.

Con motivo deste loito oficial o concello suspendeu os actos festivos da fin de semana, que era a actuación de Música na Rúa, tamén a asociación de mulleres rurais suspendeu o espectáculo de baile que tiña previsto no Auditorio Municipal o domingo.

18 jun. 2010

51 EXTRABALLADORES DAS CANTEIRAS ASINAN O SEU CONTRATO BAIXO O PLAN DE COOPERACIÓN

51 ex traballadores da canteira asinaron esta mañá o seu contrato para traballar no concello de Quiroga, acollidos ó plan de cooperación entre a Xunta de Galicia e o concello.

O concello conta cunha subvención da Xunta de Galicia de preto de 800.000 €, para a contratación dun total de 56 persoas durante un período de nove meses.

O goberno local mantivo o criterio anunciado dende hai meses de dar prioridade nas contratacións ós traballadores procedentes daquelas empresas louseiras locais que pecharon. Unha vez contratados estes 51 traballadores realizarase unha convocatoria que se remitirá ó Servicio Galego de Colocación – INEM – para cubrir os cinco postos restantes.

Está previsto que estes primeiros traballadores, que firmaron o contratro esta mañá comenzarán xa o luns a traballar.

AS MARCAS DE ACEITE QUE INTENTAN VENDER O SEU PRODUCTO COMO "ACEITE AUTÓCTONO DE GALICIA" PODERÍAN ESTAR FALSEANDO A REALIDADE.

O alcalde de Quiroga Julio Álvarez Núñez, fronte a aparición de novas relacionadas coa producción e promoción do denominado “aceite autóctono de Galicia” obtido a base dunha mestura de olivas de oliveiras autóctonas cultivadas en distintas partes de Galicia; quere advertir aos consumidores e potenciais consumidores deste aceite, das posibles irregularidades publicitarias que están a cometer os seus promotores, en base aos seguintes aspectos:

-Vense de presentar un producto baixo a denominación aceite de oliva virxe extra galego, obtido da oliveira autóctona galega. Tendo en conta que segundo nos consta polas investigacións realizadas a única variedade de oliveira que pode considerarse autóctona de Galicia é a cultivada tradicionalmente nas terras do Val do Sil ao seu paso polo Concello de Quiroga e que nada ten que ver coas variedades que se están a plantar na actualidade en varias zonas de Galicia, procedentes doutras comunidades autónomas; ao presentar o seu producto como “obtido da oliveira autóctona de Galicia” están faltando á verdade e ademais están invadindo o terreo da marca rexistrada “Aceite de Quiroga” propiedade do Concello de Quiroga.

É coñecido que os Reis Católicos, para favorecer a outros territorios, prohibiron a producción de aceite en Galicia e ordenaron arrincar as oliveiras que existían, naquela época, en numerosas zonas da actual Comunidade Autónoma; compre indicar que estas eran as verdadeiras plantas da variedade autóctona galega. Segundo se indica en numerosos estudios, a zona de Quiroga, mantívose ao marxe do real edicto en boa parte polo illamento xeográfico deste territorio.

-Na actualidade e despois de notables esforzos por parte dos colleiteiros e da administración local a producción de aceite no Concello de Quiróga cumpre con todos os parámetros industriais e sanitarios marcados pola lexislación vixente. O emprego dos muíños tradicionais, con todos os seus elementos incluída “ a burra Carolina” resérvase para as demostración de carácter etnográfico que ten lugar unha vez ao ano para exaltar un producto que, neste caso, si ten como orixe a verdadeira oliva galega.

-Estas firmas falan dunha producción inicial de 20.000 litros, que aumentarán coa recuperación de novas oliveiras. Para que realmente este aspecto fora certo necesitarían a producción dunhas 6.000 oliveiras autóctonas de Galicia ou o que é o mesmo das terras de Quiroga. Segundo consta no Concello de Quiroga, onde fai pouco se aprobou unha ordenanza para regular a producción e venta de aceite elaborado en Quiroga con oliva autóctona, non consta que unha cantidade semellante de oliva ou aceite fora vendida a unha marca foránea. Para poder empregar esta denominación deberían poder demostrar e publicar onde e de quen obtiveron a materia prima necesaria para poñer no mercado esta cantidade de aceite.

 

17 jun. 2010

REMATA CUNHA FESTA O CURSO DA LUDOTECA PARA DAR PASO Á LUDOTECA DE VERÁN

O servicio de Ludoteca, ofertado gratuitamente dende o departamento de Educación Social do Concello de Quiroga, en colaboración coa Deputación de Lugo, celebrará cunha festa de despedida o fin de curso 2009/2010.

Esta tarde os rapaces que participan destas actividades poderán disfrutar dunha gran merenda na Casa de Cultura de Quiroga.

Esta celebración será dende as cinco e media da tarde ata as sete, xa que ademais da merenda haberá xogos para que todos os nenos poidan aproveitar de cheo deste último día.

A ludoteca municipal voltará en outubro co comezo do curso 2010/2011, pero ata entón, todos os rapaces e rapazas en idade escolar que pasen as súas vacacións no val e arredores poderán acudir á Ludoteca de Verán que se desenrolará nos meses de xullo e agosto, en horario de 10:00h. a 13:00h. para nenos/as de 3 a 7 anos e de 11:00h. a 14:00h. para nenos/as de 8 a 12 anos.

As actividades que se ofertan serán os luns informática e manualidades, os martes deportes e sendeirismo, os mércores lectura e xogos, os xoves inglés e manualidades e os venres cine e xogos. Ademaís destas actividades a última hora de cada xornada estará adicada a natación.

16 jun. 2010

SOCIOS DO CENTRO SOCIAL RECOLLEN E CLASIFICAN PLANTAS MEDICINAIS

A ducia de socios do Centro Social que participan no obradoiro de Herbas e Plantas máxicas, enmarcado dentro do obradoiro de Memoria Social, realizaron onte a identificación de todalas plantas medicinais que recolleron no entorno.

O taller de herbas e plantas máxicas acolle un obradoiro adicado as plantas medicinais, cunha parte teórica e outra práctica. A parte teórica englobou proxeccións de videos sobre plantas medicinais, a súa clasificación farmacológica e as súas aplicacións; así como unhas nocións básicas sobre o desenvolvemento do obradoiro.

A parte práctica do mesmo inclúe a identificación e a elaboración dunha guía persoal das plantas medicinais recollidas no entorno, que é o traballo que realizaron na tarde de onte os participantes. Con estas plantas elaborarán un herbario medicinal.

11 jun. 2010

O REXEDOR LOCAL FALOU EN AUDIENCIA PÚBLICA SOBRE OS CAMBIOS NA ZONA DOS PUBS

O Alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, falou no programa da TMQ, Audiencia Pública, da nova regulación do tráfico na recén reurbanizada zona dos pubs, que entrará en servicio a finais da vindeira semana, facendose eco dunha vella reivindicación dos veciños da zona.
Ademáis apuntou que queda aberta a posibilidade de que se os veciños non están dacordo coa nova regulación se poida cambiar se a maioría así o pide.

A AREA SOCIAL DO CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A MARCELLE PARA NENOS DE 6 A 12 ANOS

A área social do concello de Quiroga, en colaboración coa Deputación Provincial, organizou unha excursión a Marcelle Naturaleza, para nenos de 6 a 12 anos.

A excursión que se realizará o luns día 28 de xuño, inclue a visita ó parque, á reserva natural e a participación nun taller de tiro con arco.

Os participantes irán acompañados por duas monitoras e sairán dende a casa da cultura ás 10 da mañá, para regresar o mesmo sitio ás sete da tarde.

Ademáis os participantes terán que levar a comida da casa e abonar unha cuaota de 11 € que é o prezo da entrada do parque.

Todolos rapaces interesados deberán de inscribirse na casa da cultura antes do luns, 21 de xuño.

10 jun. 2010

A ZONA DOS PUBS CONTARÁ CON NOVA REGULACIÓN DO TRÁFICO PARA SER SEMIPEATONAL

O rexedor local, Julio Alvarez, e o concelleiro, Angel Rodríguez, reuníronse na tarde de onte cos veciños da zona dos pubs para comunicarlles que as rúas desta zona que se estiveron reurbanizando van quedar abertas á circulación en breve. Na xuntanza tamén lles comunicaron como vai quedar a circulación na zona que se constitue como semipeatonal.

Unha das novidades máis salientables é que dende a cámara agraria ata correos a rúa vai ser de dirección única de xeito que os vehículos deberán vir nesa dirección pero para facer o recorrido inverso deberán utilizar a rúa Anxel Fole. Coa decisión de que estas duas rúas sexan de sentido único permitirase aparcar por ambos lados da calzada.

A rúa Victorino Nuñez quedará pechada ó tráfico polo que tampouco se poderá aparcar na zona e incluso se pechará con pivotes.

Ós residentes na zona concederanselle tarxetas que lles permitirán acceder os seus garaxes por zonas restrinxidas ó paso de vehículos.

8 jun. 2010

A PIQUES DE COMENZAR A CONSTRUCCIÓN DAS PISTAS POLIDEPORTIVAS

No prazo duns días comenzarán as obras das duas pistas polideportivas ó aire libre ubicadas no parque da Constitución e no entorno do Colexio de Infantil e Primaria e o Auditorio Municipal. Dende a alcaldía do concello de Quiroga agradase que estas novas dotacións deportivas entren en servicio a principios do mes de agosto.

As pistas son descubertas e contarán con peches metálicos de tres metros de altura, de tal xeito que se poidan practicar sen problemas deportes como tenis, baloncesto, balonmán ou voleibol. A situada entre o colexio e o Auditorio centrarase preferentemente na práctica do tenis.

Con esta distribución nos dous estremos da vila quiroguesa dende o concello pretenden que todos os veciños teñan preto dos seus domicilios as infraestructuras necesarias para a práctica destes deportes.

A dotación destes dous espacios supón unha inversión de 120.000 €, inversión para a que o concello contará coa colaboración da Xunta de Galicia.

7 jun. 2010

72 QUIROGUESES BENEFÍCIANSE DE SINTONIZADORES DE TDT

O rexedor local, Julio Alvarez, facía entrega o venres no salón de plenos da casa consistorial de 23 novos sintonizadores de TDT, dentro do plan de apoio para facilitar o acceso á Televisión Dixital Terrestre, posto en marcha polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio en colaboración co concello de Quiroga.

Os beneficiarios destes sintonizadores tiñeron que solicitalo previamente nas oficinas de servicios sociais e familia do concello e cumplir os requisistos esixidos polo Ministerio de Industria.

Os requisitos eran:

* Pertencer a un dos colectivos en risco de exclusión cumplindo a lo menos un dos seguintes criterios:

> Ter unha discapacidade visual ou auditiva recoñecida con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

> Ser mayor de 65 anos con grao de gran dependencia ou dependencia severa en niveis 2 e 3.

> Ou ser mayor de 80 anos e vivir só ou en compañía doutra persoa mayor de 80 anos.

* Ademais de cumprir un destes requisitos, o solicitante non podería ser beneficiario de ningún plan de apoio, xa sexa da administración xeral do estado ou da comunidade autónoma, nin dispoñer xa de sintonizador de TDT no seu domicilio.

O concello xa fixera duas entregas de sintonizadores de TDT polo que agora xa son 72 quirogueses os que se beneficiaron desta axuda

3 jun. 2010

SENDEIRISMO DE LIMPEZA POLO RÍO QUIROGA

A Área Social do concello de Quiroga, en colaboración coa Deputación Provincial, organízou unha actividade de “Sendeirismo de limpeza polo río Quiroga”, dirixido a nenos e nenas de 10 a 12 anos.

Unha vintena de rapaces comenzaban onte esta actividade que continuará todolos mércores do mes de xuño de 18:30 a 20:00 horas e consistirá en limpar as beiras do río, xunto con dous monitores ó mesmo tempo que coñecerán a flora e fauna existente neste lugar.

A vintena de rapaces que iniciaron esta actividade comenzaron a tarde disfrutando no paseo fluvial dunha merenda a que foron convidados para coller forzas para o traballo que ían realizar.
O rexedor local, Julio Alvarez, e a concelleira da área social, Ana Ñúñez, supervisaron onte esta actividade deportiva, educativa e lúdica xa que os rapaces fixeron sendeirismo por un lado, por outro, limparon un tramo das beiras do río, aprendendo tamén a separar e reciclar o lixo que recolleron e ademáis tiveron tempo libre para xogar e merendar mentres coñeceronn unha parte importante do noso pobo, como é a fauna e flora existentes no lugar.

Como premio polo traballo que realizarán durante todo este mes os participantes terán unha camiseta e unha mochila diseñadas por eles mesmos.
Ademais agradase que este programa medioambiental que se vai desenvolver no paseo fluvial do río Quiroga teña continuidade no mes de setembro, pero nesta ocasión dirixido ó público xuvenil, con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, e estará subvencionado pola Consellería de Traballo.

1 jun. 2010

NOITES ALTERNATIVAS PARA OS MOZOS

Dende a Oficina de Xuventude do Concello de Quiroga, en colaboración coa Xunta de Galicia, organizouse o programa Noites Alternativas, que se desenvolverá todolos sábados do mes de xuño.

O programa dirixido a mozos de entre 12 e 31 anos, desenvolverase na Casa da Cultura dende as dez da noite ata a medianoite. Os rapaces que acudan, para o que non se precisa inscripción previa, poderán elexir entre distintas actividades: lectura na biblioteca, xogos de mesa na ludoteca, fútbolín e scalextric na entrada da Casa da Cultura ou play e internet no telecentro.

Como estas actividades van dirixidas a mozos a partir dos doce anos, contarán cun monitor para levar adiante esta actividade coa atención que se merecen.