O servicio de Ludoteca, ofertado gratuitamente dende o departamento de Educación Social do Concello de Quiroga, en colaboración coa Deputación de Lugo, celebrará cunha festa de despedida o fin de curso 2009/2010.
Esta tarde os rapaces que participan destas actividades poderán disfrutar dunha gran merenda na Casa de Cultura de Quiroga.
Esta celebración será dende as cinco e media da tarde ata as sete, xa que ademais da merenda haberá xogos para que todos os nenos poidan aproveitar de cheo deste último día.
A ludoteca municipal voltará en outubro co comezo do curso 2010/2011, pero ata entón, todos os rapaces e rapazas en idade escolar que pasen as súas vacacións no val e arredores poderán acudir á Ludoteca de Verán que se desenrolará nos meses de xullo e agosto, en horario de 10:00h. a 13:00h. para nenos/as de 3 a 7 anos e de 11:00h. a 14:00h. para nenos/as de 8 a 12 anos.
As actividades que se ofertan serán os luns informática e manualidades, os martes deportes e sendeirismo, os mércores lectura e xogos, os xoves inglés e manualidades e os venres cine e xogos. Ademaís destas actividades a última hora de cada xornada estará adicada a natación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario