No prazo duns días comenzarán as obras das duas pistas polideportivas ó aire libre ubicadas no parque da Constitución e no entorno do Colexio de Infantil e Primaria e o Auditorio Municipal. Dende a alcaldía do concello de Quiroga agradase que estas novas dotacións deportivas entren en servicio a principios do mes de agosto.
As pistas son descubertas e contarán con peches metálicos de tres metros de altura, de tal xeito que se poidan practicar sen problemas deportes como tenis, baloncesto, balonmán ou voleibol. A situada entre o colexio e o Auditorio centrarase preferentemente na práctica do tenis.
Con esta distribución nos dous estremos da vila quiroguesa dende o concello pretenden que todos os veciños teñan preto dos seus domicilios as infraestructuras necesarias para a práctica destes deportes.
A dotación destes dous espacios supón unha inversión de 120.000 €, inversión para a que o concello contará coa colaboración da Xunta de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario