18 ene 2010

ALUMNOS SOLIDARIOS

Os rapaces de sexto de primaria do Colexio de Quiroga participaron nunha campaña solidaria para axudar a Haití tras o devastador terremoto que sofriu este país.

Para elo estes rapaces, dentro da súa asignatura de educación cidadá, realizaron unha campaña de recollida de donativos que esta mañá entregaban nunha conta solidaria de Caixa Galicia.

Os rapaces acompañados da súa tutora e á vez directora do centro educativo, Ana Núñez, entregaban os 613,31 € recaudados para o que contaron coa colaboración de familiares e veciños. Para xuntar esta cantidade, da que os rapaces se amosaron moi orgullosos empregaron unha semana.

Co recaudado, no que os rapaces destacaron que lles axudou moita xente, queren axudar a paliala pobreza na que quedou sumido agora este país, sobre todo para que poidan ter alimentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario