4 feb 2014

O CONCELLEIRO DO PSOE, DEL PONT LOSADA, RETRACTASE DAS ACUSACIÓNS AO ALCALDE, JULIO ÁLVAREZ

       O concelleiro socialista José Luis del Pont retractouse onte, ante o xuíz do Penal número 2 de Lugo, das acusacións vertidas no seu día contra o alcalde do Municipio, Julio Alvarez.
          Os feitos remóntanse ao 26 de maio de 2011, cando o demandado publicou, a través da páxina web dunha coñecida rede social, unha serie de informacións contra o alcalde, nas que acusaba o rexedor de ter quedado con diñeiro de obras de plans para comunidades veciñais. Do Pont recoñeceu que estas manifestacións eran totalmente incertas e mostrou o seu arrepentimento "tanto polo seu contido coma polas consecuencias que irrogaron aos prexudicados, aos seus familiares, ao equipo de goberno e ao concello".
          A vista que estaba programada onte non chegou a celebrarse finalmente, ao perdoar o demandante ao acusado. O rexedor tomou esta decisión despois de obter, por parte da representante legal de Del Pont, o compromiso de que recoñecería publicamente o «incerto» das acusacións e o seu «arrepentimento» por realizalas. Así llo fixeron saber ambas as partes ao titular do xulgado no que ía desenvolverse a causa. Por este motivo, tanto a acusación particular coma a fiscalía, que pedía para o acusado a pena dun ano de prisión prisión e inhabilitación como cargo electo durante ese período, ademais das indemnizacións que puidesen corresponder ao alcalde e ao funcionario que se presentou na causa ao darse por aludido, decidiron retirar a demanda.
 A cambio, o edil socialista comprometeuse a difundir un escrito de rectificación, a través dos perfís sociais de Armando Guerra Fray Vinagre e Fray Che Guevara, así como na prensa, nun prazo máximo de cinco días naturais. Tamén debe presentar estas desculpas no rexistro do Concello de Quiroga, co fin de que se informe do seu contido no primeiro pleno que se celebre.

          A demanda presentada no seu día polo alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, contra o edil socialista ten a súa orixe nunha publicación que este último realizou a través do perfíl de José Fary Vinagre, en Facebook. Nese texto, Del Pont escribia: que «o alcalde quedábase con cartos das comunidades veciñais». O texto que suscitou a denuncia continuaba decindo que «un funcionario do Concello de Quiroga encargábase de falsear a certificación e máis de recadar os cartos que recollía en man sen pasar pola contabilidade do Concello»,
          Del Pont divulgou á primeira hora da tarde de onte o seguinte comunicado de prensa: «En cumprimento do acordado ante o Xulgado do Penal número 2 de Lugo, e en base ao manifestado de que o Concello de Quiroga e polo tanto o seu alcalde, quedábanse cos cartos das obras das comunidades veciñais..., poño en xeral coñecemento que ditas manifestacións son incertas, expresando o meu absoluto arrepentimento tanto polo seu contido como polas consecuencias que irrogaron aos prexudicados, aos seus familiares, ao equipo de goberno e ao Concello.
          No acordo alcanzado onte entre as partes, José Luis del Pont, tamén sinalou que o funcionario ao que facía referencia era Isidoro Nogueira, a quen tamén recoñece como prexudicado polas súas declaracións. O edil socialista adminitió todos estes feitos a través dun documento que a súa avogada presentou ante o xuíz. No transcurso da audiencia, José Luis del Pont limitouse a ratificar o contido deste texto no que consta unha petición expresa de "perdón ao ofendido".
          Ante esta mostra de arrepentimento, a acusación particular tamén decidiu retirar a demanda, polo que o xuíz ditará unha sentenza absolutoria, sempre e cando o acusado cumpra cos acordos alcanzados.

 O alcalde de Quiroga declarou, tras o acordo que fixo innecesaria a celebración do xuízo, que se dá «por satisfeito» coas explicacións do concelleiro socialista, ao que perdoa os comentarios nas redes sociais que deron pé a esta denuncia por calumnias.


          José Luis del Pont foi condenado a finais do pasado mes de outubro polo xulgado de Monforte a satisfacer unha multa de 50 euros e a indemnizar o alcalde, Julio Alvarez, con 150 €, ao considerar probado que o socialista inxuriou e vexou o rexedor local no transcurso dunha sesión plenaria. No xulgado de Primera Instancia de Monforte séguense actualmente contra Del Pont dilixencias previas por delito de aldraxes, actualmente en fase de instrución, con motivo da inserción en Facebook de comentarios, a través dunha conta asociada a unha liña de teléfono da que é titular o concelleiro socialista Del Pont, segundo estableceu a Policía Xudicial, así como comentarios realizados por outros usuarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario