28 ago. 2014

OS CAMPAMENTOS DE VERÁN DESPÍDENSE CUNHA FESTA NA PISCINA

        O  departamento de Educación do concello , organiza para mañá venres, unha festa para despedir os Campamentos de Verán 2014.
      Dirixida aos participantes nos mesmos durante os meses de xullo e agosto, os campamentos comezarán como sempre ás 11:00 horas na Casa de Cultura, onde se realizará un obradoiro de maquillaxe facial e tatuaxes, ás 12:00 dirixiránse á piscina para disfrutar do último baño dos campamentos, onde terán globoflexia e, a partir das 13:30 están convidados a uns pinchos no bar das piscinas para despedirse ata o próximo ano.
        Neste verán, foron exactamente 120 nenos e nenas entre 2 e 12 anos os que compartiron, tres horas nas mañás dos luns aos venres, clases de reforzo escolar, inglés, manualidades, xogos, coñecemento do mundo, obradoiros educativos, deportes e natación. Así como tamén algún extra como o programa “Ponlle as pilas ao teu bocata”, organizado dende a Consellería do Mar e Medio Rural, ou os hinchables na piscina, organizados polo concello en colaboración co bar das piscinas.
           



No hay comentarios:

Publicar un comentario