4 sept. 2014

INICIASE A VENDIMA EN QUIROGA

       A adega Val de Quiroga foi a primeira en iniciar a campaña de recollida de uva deste ano. Esta mesma mañá comezaba a vendima en viñas da zona da Hermida.
O consello regulador da denominación de orixen Ribeira Sacra deulle a adega un permiso especial en función das características e a ubicación dos viñedos que fan que a uva cumpra cos par´ñametros esixidos polo consello para iniciar a súa recollida.
Manuel Gómez Guntiñas, propietario da adega, afirmaba que as uvas de godello que están a vendimar xa presentan unha graduación de doce graos e medio; e contan con viñas de mencía e tempranillo que arroxan nas medicións 13 graos; polo que previsiblemente, a adega unha vez rematada a vendima do godello continuará xa coas outras variedades.
Gómez Guntiñas coincide cos demais adegueiros en que este ano a vendima ven cuns dez dias de adianto con respecto aos últimos anos. Os motivos para este adegueiro son que o clima condicionou que as cepas agromaran antes e tamén que florecesen antes, o que se traduciu nunha pronta maduración.
En canto á calidade das uvas, este adegueiro confirmou que é moi bo, polo que se presentan sanísimas, de continuar o bo tempo, esta vendima meterá nas adegas unhas uvas en excelentes condicións.
          O punto negativo quizais está na cantidade, xa que é inferior a colleita pasada, sobre todo na variedade tinta mencía, algo que o adegueiro calificou de normal, xa que a pasada colleita foi máis grande de nornal.
        O controis de maduración que serven de referencia ao consello regulador para fixar a data recomendada de comezo da vendima voltaban a medirse hoxe, tras unha primeira mostraxe realizada a pasada semana que arroxou resultados bastante prometedores. Sobre todo porque a mencía presentaba nas analíticas un bo equilibrio entre grao e acidez, polo menos antes da chegada da onda de calor das últimas xornadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario