O venres, 31 de xullo, o parque da Constitución acollerá unha Batalla
da Auga e Paintball.
O programa iniciarase ás seis da tarde coa apertura do recinto. As
persoas interesadas en participar gratuitamente deberán recoller as entradas
antes do xoves no Bar Piscinas,
RuxeRuxe, chiringuito Playa Fluvial de San Clodio ou Chapakuña. Ás sete da
tarde comezará a Batalla da Auga, na que se contarán con 10.000 globos de auga.
Media hora máis tarde comezará a festa da espuma.
Ás oito do serán, tamén no parque da constitución terá lugar unha
actividade de Paintball, para maiores de doce anos, organizada dende a área de
Xuventude. Trátase de batallas dinámicas nas que cada participante, que deberá
de inscribirse no recinto e pagar 5 € contará con equipamento e 50 bolas.
Ás
dez da noite, e dentro da Batalla da Auga, haberá unha pancetada e a partir das
once e media da noite, festa ibicenca, onde é obrigatorio que todos os
asistentes acudan vestidos de branco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario