O
Concello de Quiroga, dende a Área de
Xuventude, con ánimo de contribuir á formación dos mozos e mozas do municipio,
ofrece un programa de axudas para sufragar gastos de transporte aos estudantes universitarios e de formación
profesional que por mor dos seus estudos teñan que desprazarse a outros
lugares. A esta finalidade o Concello destina un total de 6.000 €, a repartir
entre as solicitudes aceptadas.
As bases que rexen esta convocatoria están
expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Quiroga e a disposición dos interesados na Casa da
Cultura e na Oficina de Información
Xuvenil.
Para
poder ser beneficiario destas axudas é preciso de cumprir unha serie de
requisitos, como estar empradroados no
noso concello, ter entre 16 e 30 anos, non ter ingresos, etc.
O
prazo de presentación de solicitudes xa está aberto e rematará o 30 de
decembro, debendo entregar as solicitudes na Casa da Cultura ou na Oficina de
Información Xuvenil, onde tamén poden recoller o modelo oficial de solicitude e
recabar máis información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario