Quiroga comezou onte a celebrar
o San Martiño, patrón da vila. Así, ás onde da mañá disputouse a carreira
popular San Martiño. A saída desta carreira local, de categoría infantil, ao
igual que a meta, estaba situada diante da casa consistorial. Todos os rapaces
e rapazas participantes recibiron unha medalla.
Ás sete da tarde, no Auditorio Municipal o grupo de teatro Augas do Sil
de San Clodio, representaba as obras tituladas “O testamento do tío Nacho” e
Vaia servizo!.
A celebración do mércores día 11 de novembro, centrarase no magosto e o
viño novo que todos os asistentes poderán degustar a partir das sete da tarde
na praza Maior. Tampouco faltarán os actos relixiosos, que se iniciarán ás doce
da mediodía coa tradicional porcesión encabezada polo santo homenaxeado; a música
tradicional, coa actuación do grupo de baile Arume da Queiruga e o grupo de
Gaitas San Martiño, a partir da unha e cuarto na praza Maior.
Os máis pequenos poderán disfrutar de xogos tradicionais a partir das
catro da tarde e pecharase a xornada coa música do dúo Camelia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario