Na vindeira semana prevese a publicación no Boletín Oficial da Provincia
das bases reguladoras e convocatoria de subvencións para a rehabilitación
de edificios e vivendas nas áreas de rexeneración e renovación urbana do núcleo
de Quiroga. A partir do día seguinte da publicación, abrese o plazo para
tramitar solicitude.
Os veciños de Pacios de Mondelo, a praza Maior e parte do núcleo urbán
de Quiroga poderán acollerse ás axudas para a rexeneración e renovación do
A.R.I. Poderán ser persoas
beneficiarias das axudas os propietarios/as de vivendas, de edificios, as
comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e os
consorcios e entes asociativos de xestión.
As actuacións subvencionables no marco da A.R.I. serán a execución de obras ou traballos de
mantemento e intervención en edificios e vivendas, instalacións fixas,
equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares
establecidos pola normativa vixente. Poderanse
acoller ás axudas as actuacións xa iniciadas pero que non estean finalizadas á
data da presentación das solicitudes.
A contía das subvencións será do 35% do custo
das actuacións subvencionables, e cun máximo de 11.000 euros por vivenda.
Deberá solicitarse, unha visita de inspección
técnica previa á solicitude oficial das axudas. Os técnicos da Oficina de
Rehabilitación realizarán a visita para comprobar o estado da edificación e asesorar ao particular sobre as
posibilidades de mellora e rehabilitación dos inmobles.
As solicitudes deberán presentarse no
prazo de 6 meses dende o día seguinte á publicación destas bases no BOP. E as obras
deberán executarse no prazo máximo establecido na cualificación provisional das
axudas, é en todo caso deberán estar rematadas antes do 30 de novembro do 2016.
Estas actuacións enmárcanse dentro do convenio subscrito, en setembro
de 2014, entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia para a execución do
Plan Estatal de Fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria e
a rexeneración e renovación urbana 2013-2016. Tras a firma do convenio
entre o Ministerio de Fomento, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, e o
concello de Quiroga, o concello dispón de
67.050 €, para a rexeneración de inmobles nesta zona. 26.997 € aprobados
para este ano 2015 e 40.052 para o 2016.
Para solicitar as dúas
subvencións ou para máis información, deben pasar pola oficina da vivenda
ubicada no edificio da antiga cárcere ou chamar o teléfono 982.42 83 97.
No hay comentarios:
Publicar un comentario