O concello de Quiroga incrementou o número de visitantes con respecto ao ano
pasado. A Oficina Municipal de Turismo
atendeu dende principios de ano ata agora un total de 5.489 peticións de
información turística ben de xeito presencial, na propia oficina, ou ben a
través de chamadas telefónicas e solicitudes por correo.
Un 60% do total
das consultas rexistráronse entre o mes de abril e
setembro, coincidindo coa Semana Santa e o verán, períodos importantes para o turismo neste
municipio xunto co outono.
En relación a procedencia dos turistas un 88% é turismo nacional e un 12% internacional. Dentro do turismo
nacional un 35% proceden da nosa Comunidade e o resto de Cataluña, Madrid,
Andalucía, Castela-León e País Vasco respectivamente.
A información máis demandada polos turistas é a relativa a rutas turísticas e de sendeirismo,
seguida do Sinclinal do Courel (Pregamento de Campodola-Leixazós) e do Túnel
Romano de Montefurado.
A
maiores deste rexistro, temos constancia dunha importante difusión de
información turística e cultural a través de internet e redes sociais. Como
exemplo salientar as 20.975 visitas que recibe
o enderezo www.rutasquiroga.blogspot.com ou as máis de cen mil que
recibe o perfil municipal de Facebook.
Mención
especial como recursos turísticos do Concello de Quiroga merecen os Museos Municipais Etnográfico e Xeolóxico que suman
neste momento un total de 4. 150 visitas. O Museo Etnográfico acolleu 2.171
visitantes e o Museo Xeolóxico 1.979
dende principios de ano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario