O
alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, xunto co resto de alcaldes da provincia,
asinou onte un convenio coa presidenta da deputación provincial, Elena Candia.
Mediante este convenio a Deputación Provincial financiará o 100% dos custos do
servizo de teleasistencia domiciliaria. O goberno provincial formaliza así o
seu compromiso de asumir con fondos propios a totalidade deste servizo, no que
ata o de agora os concellos debían pagar o 50 % dos costes.
A presidenta explicou que este convenio permitirá formalizar novas
altas no servizo, algo que non se fai dende o ano 2007.
O servizo de teleasistencia a través da Deputación Provincial beneficia
en toda a provincia a unhas mil persoas maiores, 20 delas no concello de
Quiroga; proporcionándolles axuda as 24 horas dos 365 días do ano, grazas á
instalación de servizos de conectividade
e seguridade, o que lles permite comunicar con rapidez calquer tipo de risco ou
emerxencia.
O servizo de teleasistencia a través da deputación provincial non é o
único co que conta o concello de Quiroga, xa que tamén conta con este servicio
a través do departamento de Dependencia da Xunta de Galicia e a Cruz Vermella.
Este último que comezou a funcionar cando o primeiro deixou de permitir novas
altas, conta actualmente con 24 usuarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario