O Concello de Quiroga, a través do
departamento de servizos sociais, retoma tralo período vacacional do mes de
agosto o seu taller de estimulación cognitiva, psicomotriz e da
memoria en persoas maiores que sofren deterioro
cognitivo.
Este programa ten como
obxectivo a prevención e mellora de enfermidades cerebrais,
especialmente a enfermidade de alzheimer e as caracterizadas pola perda aillada
e obxectiva da memoria.
Tras a boa acollida destes obradoiros e os
seus resultados, por parte dos familiares dos participantes no
obradoiro de “estimulación cognitiva e psicomotriz”, tomouse a decisión
de ampliar este obradoiro, así o Concello ampliou estas sesións, polo que
se desenvolverán os luns, mércores e venres, dende as once da mañá ata a unha
da mediodía, nas instalacións do centro social.
Pola súa banda dende o departamento de Servizos
Sociais do Concello queren comunicar aos familiares dos usuarios deste taller
que se mantén aberto o prazo de
inscripción para novos participantes neste obradoiro que se desenvolve con
persoal da asociación Afamon, Asociacion de Familiares de
Enfermos de Alzheimer de Monforte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario