A parroquia de Hospital comeza a celebrar as súas
festas na honra a San Bartolomé.
O programa das festas iniciarase o
sábado a partir das cinco e media da tarde coa disputa dun campionato de tute
no centro social da Ribeira. O domingo, na igrexa parroquial, presentarase aos
feligreses do novo relicario que acolle as reliquias de San Bartolomé na misa
das doce da mediodía. Con motivo desta presentación a igrexa parroquial tamén
acollerá un concerto do grupo O Val das Mouras. A partir das cinco da tarde no
mesón Ferreiriño disputarase un campionato de Bolos. E a partir das nove da
noite poderase degustar no campo da
festa Porco so espeto, acompañado da música do duo Camelia.
O luns, día 24, a unha da mediodía
celebraranse os actos relixiosos encabezados pola tradicional procesión. A
partir das sete da tarde disputarase un campionato de fútbol sala e pola noite
música coa orquestra Essencia, que tamén fará a sesión vermouth, o dúo Camelia
eo DJ Mavilo.
O martes tamén se repetirán os actos
relixiosos, e a partir das seis da tarde carreira de burros e carrilanas. A
música desta xornada virá da man da orquestra Cinema e novamente do dúo Camelia
e o DJ Mavilo. As once da noite haberá unha paella popular para todos os
asistentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario