Quiroga
acollerá maña sábado a II Festa Romano Castrexa, Qui-Roma. Os seus
organizadores acadaron a implicación de todos os bares e cafeterías do casco
urbán coa oferta de tapas especiais durante toda esta semana.
O amplo programa para esta festa
comezará ás once da mañá coa apertura do mercado Qui-romano. Ao longo de toda a
mañá haberá obradoiros infantis, paseos en burro para os nenos e desfiles da
Garda romana Lucus Equitese dos gaiteiros castrexos Wyrdamur. Tamén actuarán a
banda de gaitas San Martiño e o grupo O Recanto e Os Palletas.
Xa pola tarde, haberá escola de
gladiadores para os máis pequenos con loitas e xogos tantos infantís como para
adultos. As oito e media está previsto o desfile Quiromano ao longo de toda a
rúa Real e o seu remate a loita de gladiadores.
Pola noite, espectáculo de lume,
sorteo dunha viaxe a roma e festa coa disco móvil Studio 21.
Tamen
Montefurado celebrará este mesmo día a IV Exaltación Romana. Os actos comezarán
ás seis e media da tarde coa explicación e demostración de como escribían e se
utilizaban os números na época romana e tamén como vivían os lexionarios
romanos e o armamento que utilizaban.
Pola noite haberá unha cena romana amenizada por un grupo de gaiteiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario