Quiroga
comezaba onte as súas festas de verán. A
primeira das actividades do programa deste ano foron deportes.
Así
a partir das oito do serán comezaba un torneo de 4 x 4 de Street Soccer que se
esta desenvolvendo no parque da
Constitución, e no que están a participar diferentes categorías benxamín,
infantil e senior. Os encontros que se disputaron ata as dez da noite
repetiranse hoxe a partir das sete e media nas categorías benxamín e infantil e
e a partir das oito e media na categoría senior.
En canto as actividades musicais, a
praza de España acolleu un festival de Música e Danza Tradicional no que
actuaron as agrupacións de baile San Martiño e Arume da Queiruga e a banda de
gaitas San Martiño. Tamén contaron coa actuación dun grupo invitado, o grupo de danza
Feitizo de Foz.
A partir das once e media da noite, unha nova actuación do programa
Música na Rúa, trasladaba a música ata as inmediacións do Bar “O Recuncho
de Dino”. Nesta ocasión a música correu a cargo do cantante Aron Vigo.
A banda de gaitas San Martiño anunciaba esta mañá que se continúa de
festa. Esta noite as actividades centraranse no Parque da Constitución coa X Festa
da Comunidade, animada polo dúo “Fondo Tropical”. O menú deste ano será o mesmo
da edición pasada: paella con tarrina de xeado, todo elo acompañado de bedidas.
As entradas, a 5 € están a venda no Centro Social, nos bares Palmeras, Portón,
Quiper, Monbel, Lago, Félix, Zorro, Dakar e o Recuncho do Dino. Tamén se
poderán adquirir na librería Carmen e no Todo 100.
Para as persoas que non as merquen antes, tamén se venderán no mesmo
recinto da festa antes de entrar ao mesmo prezo, e sempre que non se completara
o aforo previsto.
E a partir da medianoite na zona dos pubs, Festa da Xuventude coa
actuación dos grupos: Maskarpone, Relatos de Naufrago e do DJ Local FA. A festa
comezará co acto de entrega de premios dos certames de Poesía e Fotografía,
organizados dende a área de Xuventude.
O grupo Maskarpone, de Ourense, ofrecen unha mestura musical entre o
reggae e o ska, con pequeno acenos de rock e música tradicional.
Pola súa banda Relatos de Naufrago, é un grupo de Ponteareas, cun
estilo musical pop e letras moi coidadas que compoñen e versionan sons dos
oitenta e os noventa.
Mañá sábado, a unha da mediodía un espectáculo de animación de rúa, a
cargo de Troula Animación, co título de Circo. A partir das sete e media da
tarde, na Praza de España actividades para os máis pequenos co Concurso pinta
con xiz no chan e o Espectáculo infantil “Pucho e Gabardina coa música a
outra parte”.
Xa
pola noite, festa popular coa orquestra “Grupo Limón”. E tras a media
noite, a actuación central das festas, o concerto do cantante David Civera. O
popular cantante español, segundo acreditan os Productores de Música de España
conta con 350.000 álbumes certificados como solista. Tras representar a España
no Festival de Eurovisión do 2001 coa canción
"Dile que la quiero", no que finalizou en sexta posición, a millor posición
española dende 1997, acadou grandes éxitos con temas como “Que la detengan”, “Bye
bye” ou “Perdóname.
O domingo a unha e media da mediodía, a Banda de Música de Sober
ofrecerán un concerto diante da Casa Consistorial. A partir das seis da tarde
presentarase oficialmente o equipo de fútbol de Quiroga no Trofeo Xoiería
Zafiro, no que se enfrontará ao Ourense; e a partir das sete da tarde animación
infantil na praza España con xogos, maquillaxe e globoflexia creativa.
Xa pola noite, o grupo la Oca e a orquestra Pontevedra serán as
encargadas de animar a festa.
As
festas rematarán o luns día 10, coa XXIV Mostra do Mel que se inaugurará a
partir das once da mañá e na que actuará a Charanga Takicardia. A partir das
nove da noite, na praza de España, un concerto da orquestra “Os Modernos”
pechará as festas deste ano.
Con motivo de todas estas actividades,
a Policía Local informa a todos os propietarios de vehículos estacionados na rúa
Real, que se absteñan de estacionar no tramo comprendido entre a Cafetería As
Palmeras e o Bar Zorro, dende o sábado a unha da mediodía ata o remate das
festas do domingo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario