16 sept 2015

CURSO DE PREVENCIOS DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MAQUINARIA FORESTAL

      O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral en colaboración co Concello de Quiroga vai a levar a cabo un curso de Prevención de Riscos Laborais no Manexo de Maquinaria Forestal. Manexo Práctico de Motoserra e Rozadoira.
          O curso vai destiñado a persoas traballadoras maiores de idade ocupadas ou desempregadas na actividade a que se dirixe o curso, con residencia ou centro de traballo actual ou anterior nalgún dos concellos incluídos nos plans de zona.
           Os obxetivos que se perseguen ca realización deste curso son que os traballadores do sector forestal coñezan e cumpran a lei de prevención de riscos laborais así como que coñezan os riscos que corren no seu traballo e poidan evitalos e que adquiran soltura no manexo de forma práctica e segura a maquinaria forestal.
          O curso, que comezará o 5 de outubro e rematará o 9 de outubro, ten unha duración de 22 horas, con xornadas de cinco horas como máximo sendo os luns e martes teoría e os mércores, xoves e venres, as clases prácticas.

          Para pedir máis información ou inscribirse nel pódeno facer no correo desenvolvementorural.issga@xunta.es ou no fax: 986 78 72 24.

No hay comentarios:

Publicar un comentario