22 mar 2012

A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE ABRIU O PRAZO DE INSCRICIÓN EN ROTEIROS PARA A XUVENTUDE

    A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado abriu o 20 de marzo, o prazo de inscrición en Roteiros para a xuventude, un programa  que consiste en saídas de fin de semana co obxectivo de ofertar á xuventude novas experiencias e alternativas para o tempo libre, así como a transmisión e coñecemento de valores como a convivencia, a cooperación, o compañerismo, entre outros, favorecendo as relacións interpersoais e a creación dun bo ambiente grupal que lle permita acceder a un tempo libre de calidade.
 Ofértase un total de 3.782 prazas prazas en 16 instalacións distintas dende o mes de abril ata o mes de setembro,  incluíndo actividades náuticas, de multiaventura, de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico. Entre outras actividades os participantes visitarán lugares como a Cova do Deza e a Devesa de Rogueira, así como os Museos Xeóloxico e Etnográfico de Quiroga.
 Os interesados en participar nesta iniciativa poderán facer a reserva da súa praza a partir do martes 20 de marzo a través da chamada telefónica nos teléfonos 981 54 59 37/981 54 57 02/981 54 16 89/981 54 58 22 en horario de 09,00 a 14,00 horas de luns a venres. Unha vez reservada a praza, deberase efectuar o pago da cota no prazo máximo de 48 horas.
 A información detallada de cada un dos programas atópase na páxina web www.xuventude.net , na Casa da Cultura ou no teléfono 982 43 51 25.

No hay comentarios:

Publicar un comentario