1 jun 2012

O CONCELLO PRESENTA UNHA AMPLA PROGRAMACIÓN PARA OS MESES DE VERÁN


O Concello  de Quiroga ven de sacar  a rúa a programación cultural para o verán. As actividades aquí recollidas son o resultado do traballo realizado dende as distintas áreas e  servicios municipais: infancia, educación, igualdade, xuventude, cultura e deportes.

 Nos meses de verán, obradoiros, campamentos de verán, exposicións,  animación musical, deportes e actividades formativas conforman a actividade deste trimestre. Cabe salientar os campamentos de verán para nenos e nenas en idades comprendidas entre os 4 e os 12, que se desenvolverán de luns a venres, en horario de mañán, en distintas instalacións municipais e que inclúen  actividades artísticas e deportivas que a maiores de  ser unha alternativa de ocio para os rapaces teñen como obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar  e laboral.

Tamén ten un lugar destacado a intensa actividade deportiva a desenvolver nestes meses: VI Campus de Fútbol, Campus de Baloncesto, Trofeo Fútbol Sala Feminino,  Torneos de “Futbol 7” e Baloncesto, Ruta en Mountain bike, Sedeirismo, etc.

 Por outra banda a promoción de productos típicos que está presente no Concello de Quiroga ó longo de todo o ano, enxalza neste tempo  o mel, que será o protagonista coa celebraciáon da XXI MOSTRA DO MEL DE QUIROGA o vindeiro día 10 de agosto.

 Actividades para a xuventude: noites alternativas, concertos nos pubs, saídas culturais, etc.

A animación musical con actuaións  ao  longo dos meses de xullo, agosto e setembro. Así dende xuño a setembro teñen lugar 13 actuacións do programa Música na Rúa, que  leva moitos anos  funcionando con éxito. Por outra banda, concertos para a xuventude salientando os grupos xuvenís locais “UTOPÍA, SANTA COMPAÑA, E LETAL CHAINS”. As FESTAS DE VERÁN, con actuacións folcóricas, banda de música,  afamadas orquestras etc..
         
 Contribuirán a complementar os moitos atractivos turísticos de Quiroga as visitas guiadas ao Museo Xeolóxico e ao Museo Etnográfico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario