9 ene 2015

ACCIDENTE NO PASO A NIVEL DE SAN CLODIO SEN VICTIMAS

       Ao redor das cinco da tarde do mércores prodúxose un accidente ferroviario na  estación de ferrocarril San Clodio - Quiroga. Afortunadamente non houbo que lamentar desgracias persoais, xa que o conductor dunha furgoneta, veciño de Quiroga, saiu ileso do sinistro.
Á altura do paso a nivel que cruza San Clodio, cando o conductor estaba a cruzar as vías, foi arrollado por un tren que saía nese momento da estación, que procedente de Madrid ía dirección Vigo. O sinistro produciuse ao parecer por un fallo no sistema de seguridade que fixo que non se baixaran as barreiras de seguridade.
Á pesar de que o maquinista do tren tentou avisar ao conductor coa bocina, xa non foi posible reaccionar o suficiente por parte de ningún dos vehículos para evitar o encontronazo. O impacto fixo que a furgoneta xirase sobre si mesma e quedase empotrada entre o tren e o muro que separa as vías da rúa, levandose por diante o pilar da barreira de seguridade; todo eso a pesar de que a velocidade do convoi non era excesiva pois o paso a nivel apenas está separado uns 100 metros da estación de ferrocarril, punto no que acababa de parar.
O conductor da furgoneta, Ramón Macía, de 53 anos de idade, non presentaba ningún rasguño a pesar que estar atrapado no interior do vehículo. El mesmo indicou que as barreiras automáticas que regulan o paso a nivel no que foi arroiado fallaron, xa que non estaban baixadas cando el atravesaba o cruce. Algo que tamén corroborou o maquinista do tren que non se explica o que puido suceder.
Persoal de Adif, que se personou no lugar do sinistro, xa abriron unha investigación para exclarecer o sucedido.
Os viaxeiros  do ten, 62 neses momentos, foron trasladados aos seus puntos de destiño en dous autobuses que os viñeron recoller á estación, xa que o tren sinistrado quedou inmobilizado na propia estación xa que a vía pola que circulaba estaba obstaculizada pola furgoneta sinistrada.

Non ocorreu o mesmo cos demais combois, xa que podían circular pola outra vía libre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario