20 ene 2015

A CONFRARÍA DO VIÑO ORGANIZA UN CURSO DE PODA

           A Confraría do viño de Quiroga organizou un curso de viticultura e práctica de poda, que se levaría a cabo dende o 9 de febreiro ata o día 12.
O curso, que ten un custo de 45 €, impartiríase na sala de catas do museo Etnográfico de Quiroga, en horario de sete da tarde a nove e media da noite.  Este curso está deseñado para que o participante:  aprenda as nocions fundamentais en viticultura razonada para unha perspectiva eficiente na explotación vitícola; comprenda os efectos das prácticas culturais na viña, especialmente na regulación do potencial vexetativo mediante a poda máis adecuada; sexa capaz de xestionar o viñedo para unha boa relación calidade/producción, baixo calquera das circunstancias que concurran e cos medios de que se dispoña; e adquira soltura e bos hábitos na práctica da poda.
Cada xornada constará de formación teórica con axuda de material audiovisual; opcionalmente Manual de Contidos do Curso; formación práctica da poda no viñedo e interpretación de tablas, análisis e parámetros dos solos. As clases formativas tamén incluen unha fase práctica e unha visita a adega Alan de Val, na localidade da Rúa.

As persoas interesadas en recibir máis información ou en participar no curso, no que colaboran o concello de Quiroga e a área de Cultura da Deputación Provincial,  deben dirixirse á casa da cultura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario