5 sept 2012

A ESCOLA INFANTIL DE QUIROGA COMEZA HOXE O NOVO CURSO


A  Escola Infantil Galiña Azul de Quiroga iniciou esta mañá  o novo curso 2012-2013. A xornada de hoxe era de portas abertas, polo que os cativos acudiron acompañados polos seus país; o venres xa comenzará o curso cun período de adaptación que se prolongará durante todo o mes de setembro, dependendo de como se vaian adaptando.
 
 A gardaría de Quiroga é unha escola  unitaria  destinada a poboación infantil de 0-3 anos pertencente a rede de escolas da Xunta de Galicia a Galiña Azul, ca participación do Concello na xestión e financiamento da escola.
 
O nº de prazas da escola de Quiroga é de 20( 19+1) pero unha praza queda reservada  para casos de emerxencia social, ésta praza so poderán acceder aquelas solicitudes  dirixidas a dirección da escola e presentadas polos servizos sociais do concello onde radique a escola ou polo departamento competente da Admistración Autonómica.
 
Este novo curso iniciase con todas as prazas cubertas, e incluso con lista de espera, en horario de mañá, pero en horario de tarde aínda quedan prazas vacantes. Dos 19 nenos/as que comenzan este curso, 9 renovan matrícula, mentras que outros dez son de novo ingreso.
 
A escola oferta o seu servizo en horario de 9 da maña a cinco da tarde ininterrumpidamente, xa que foi o horario demandado polos pais.
 
Os prezos que deben pagar os usuarios por este servizo están establecidos  polo Consorcio  Galego de Igualdade e Benestar e en todo caso non superan  os máximos establecidos  nos prezos aprobados  pola  Xunta de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario