15 sept 2012

QUIROGA ACOLLERÁ O VINDEIRO DÍA 1 DE OUTUBRO UNHA CAMPAÑA DE INFORMACIÓN E CONCIENCIACIÓN SOBRE A RECOLLIDA SELECTIVA E A RECICLAXE DO LIXO


A praza de España de Quiroga vai acoller o vindeiro día 1 de outubro unha campaña de información e concienciación sobre a recollida selectiva e a reciclaxe.
 
Ao longo das últimas décadas, o traballo constante das Administracións Públicas e das entidades que velan pola mellora e conservación do Medio Ambiente, especialmente a prol da reciclaxe e da reutilización dos envases, obxectos, ferramentas e electrodomésticos cotiáns, trouxo consigo unha progresiva concienciación dos consumidores, que cada vez son máis conscientes da importancia de “reciclar, reutilizar e reducir”.
 
Pero paradóxicamente, unido á boa vontade do consumidor concienciado, existe unha tendencia aínda elevada a reciclar erróneamente. É o que se coñece co nome de “impropios”, é dicir, aqueles residuos que son depositados de forma equivocada no contenedor de reciclaxe. Segundo datos de Ecoembes, o 22,9% dos residuos do contenedor amarelo (envases de plástico, latas e bricks) e o 2% do contenedor verde (residuos non reciclables) son impropios.
 
          Desta forma Ancaria SL, xunto coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e  Ecoembes vai levar a cabo unha campaña encaminada a informar e concienciar sobre a recollida selectiva e a reciclaxe en concellos galegos cunha taxa de impropios sitúase entre o 30 e o 35 por cento.
 
          O obxectivo desta campaña é acadar a diminución da porcentaxe de ditos impropios e aumentar a recollida selectiva axeitada dos mesmos. Para elo, prantéxase unha campaña extensiva oriéntada en dúas vertentes: actividades enfocadas a público adulto preferentemente entre 18 e 65 anos e a estudantes de primaria de 10 a 12 anos.
 
          A contará cunha parte informativa teórico-práctica sobre as vantaxes da reciclaxe e da recollida selectiva, a prevención na xeración de residuos, e o adecuado manexo dos mesmos á hora de depositalos no colector apropiado.  Obradoiros creativos con materiais reutilizados, co obxectivo de aportar ideas sobre que facer con moitos residuos antes de tiralos.  E finalmente un exame voluntario aos asistentes co fin de avaliar os coñecementos adquiridos durante a sesión. E tras el, os participantes recibirán un agasallo premiando o seu interese e colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario