30 ene 2013

APROBADA A 3ª FASE DA A.R.I. DA PLAZA MAIOR E PACIOS DE MONDELO


O Boletín Oficial da Provincia publicou onte as bases para a concesión de subvencións para a Area de Rehabilitación Integral do ámbito denominado Praza Maior e Pacios de Mondelo, no que será xa a 3ª fase do programa.
 
A presente convocatoria ten por obxecto establece-lo procedemento de concesion das axudas ao abeiro do Convenio asinado entre o Ministerio de Fomento o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Quiroga, no ano 2012.
 
As obras para as que se soliciten as axudas deberan atender prioritariamente a mellora das condicions de habitabilidade relativas a distribucion interior, instalacions de auga, electricidade, calefaccion, ventilacion, iluminacion natural e aireacion, illamento termico, servicios hixienicos e instalacions de cocina ou doutros servicios de caracter xeral.
 
Tamén se subvencionarán actuacions nos elementos comuns das edificacions e de mellora e conservacion dos elementos que demandasen os valores historico-artistico, arquitectonico ou ambientais. Dentro destas actuacions incúense tellados, chimeneas, fachadas, instalacion de ascensores, supresion de antenas individuais e instalacion de antenas colectivas e acaemento de accesos e circulacion para uso de minusvalidos.
 
As axudas previstas nesta norma, teran caracter de subvencions a fondo perdido e poden chegar ata o 75 por 100 do orzamento protexido da rehabilitacion de edificios e vivendas, sen que a subvencion media poida exceder de 11.600 euros por vivenda.
 
 Poderan se beneficiarios das axudas para a rehabilitacion de vivendas, edificios e elementos comuns, os propietarios, arrendatarios ou titulares de algun dereito de uso sobre as vivendas, cando estas constituan o seu domicilio habitual e permanente. Tamen poderan solicitar as axudas os titulares de vivendas desocupadas sempre que a solicitude leve parello o compromiso de ocupalas eles mesmos ou cedelas a terceiras persoas en arrendamento ou por calquera outro titulo legalmente admisible, sempre que sexa como residencia habitual.
 
Para máis información ou para tramitar as axudas deben dirixirse a oficina de rehabilitación situada no centro de Formación Ocupacional Pía Páxaro.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario