21 ene 2013

APROBADAS AS BASES DO CONCURSO DE COMPARSAS DE ENTROIDO


Os encargados de organizar as festas de Entroido reuníronse para organizar as duas actividades destas festas: un Concurso Desfile de Comparsas, que terá lugar o domingo 10 de febreiro; e unha Festa Infantil de Disfraces o luns día 11, a partir das cinco da tarde.
 
 No  concurso de comparsas poden participar todas as comparsas que o desexen tanto deste Concello coma doutros, sempre e cando estean integradas por dez membros como mínimo. Establécense un primeiro premio de 500,00 €, un segundo premio de 300,00 € e un terceiro  premio de 150,00 €. Fora dos gañadores, cada comparsa participante recibirá 60€.
 
Ademais das comparsas, poden participar disfraces individuais, (nesta modalidade o máximo serán tres membros por disfrace). Para esta modalidade haberá un único premio de 60,00€.
 
 O Xurado estará integrado por un membro de cada comparsa participante  que despois de asistir ó desfile  valorará   a  cada comparsa menos á que representa. Valorarase especialmente a orixinalidade dos disfraces, a coreografía e a escenografía.
 
A saída do desfile terá lugar denda Rúa das Piscinas, ás cinco da tarde, continuando pola Rúa Real ata a Casa da Cultura. A entrega de premios terá lugar diante do Concello, no baile de disfraces amenizado polo Dúo Fondo Tropical.
 
As inscricións faranse na Casa da Cultura ata o día 6 de febreiro, ou ben chamando ao teléfono 982435125.

No hay comentarios:

Publicar un comentario