O mal tempo condicionou as previsións de Entroido e fixo que
os desfiles previstos quedasen aplazados para esta semana. Os primeiros en
aplazar a súa saída foron os nenos e nenas do Colexio de Eduación Infantil e
Primaria, que este ano tiñan previsto retomar o seu desfile pola rúa Real. A
saída que estaba prevista para a mediodía do vernres celebrarase
previsiblemente este venres.
E tamén as
comparsas inscritas no desfile organizado polo concello para o domingo, quedou
aprazado. Aínda que nun principio as comparsas que se reuniron o domingo pola
mañá decidiron saír, a medida que avanzaba a xornada e as condicións
meteorolóxicas empeoraban, finalmente decidiron non sair a rúa.
O desfile de
comparsas quedou polo tanto posposto para este domingo día 18, a saída
do desfile terá lugar ás cinco da tarde dende a Rúa Piscinas para
percorrer a Rúa Real ata o Concello onde rematará e onde terá lugar a entrega
de premios durante o baile de disfraces amenizado pola charanga “Padre José”,
rematando a festa cunha alborada polos bares da vila.
O
que si se celebrará hoxe é a festa infantil de disfraces que terá lugar a
partir das cinco da tarde no Disco Pub Yoya. A comisión organizadora decidiu
prohibir o uso de sprais dentro do
recinto da festa, pola súa perigosidade.
E mañá martes día 13, o
Centro Social tamén celebra o seu entroido, cunha merenda típica e un baile de
disfraces.
No hay comentarios:
Publicar un comentario