O Concello de Quiroga, co gallo da celebración do
Entroido, organiza para o domingo 11 de febreiro un concurso de desfile de
comparsas e para o luns día 12, a partir das cinco da tarde unha festa infantil
de disfraces no Disco Pub Yoya.
No desfile de comparsas poden participar todas as persoas que o desexen,
tanto deste Concello coma doutros, sempre e cando se acollan as dúas modalidades de participación estipuladas: Modalidade comparsa, integrada
alomenos por dez membros ou Modalidade de
disfrace individual, que como máximo
agrupará tres membros por disfrace.
O Xurado
cualificador do concurso estará
composto por tantos membros coma comparsas e disfraces participen no desfile. Cada comparsa, ou disfrace individual participante,
nomeará un representante para formar parte do xurado. Os integrantes do
xurado despois de asistir ao desfile, valorarán a cada
comparsa menos á que representan. Valorarase
a orixinalidade dos disfraces, a coreografía, a escenografía,
elaboración de vestiario e a elaboración de carroza.
Establécense os seguintes premios; na modalidade
de comparsa un primeiro premio de 600 €, un segundo premio de 300 € e un
terceiro premio de 150 €. O resto das
comparsas participantes recibirán 60 €. E na modalidade de disfrace individual haberá
un único premio ao mellor disfrace dotado con 60,00€. Todos os premios estarán
suxeitos ao disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a
Renda das Persoas Físicas.
As inscricións para participar no desfile faranse
na Casa da Cultura, antes do día 8 de febreiro ou no Rexistro do Concello de Quiroga
cubrindo as solicitudes a disposición dos interesados nestes dous lugares, así
como presentando o DNI/ CIF do
representante, certificados da conta
bancaria onde se realizará o pago dos premios, mediante transferencia e
unh folla de firmas dos membros da
comparsa que tamén se facilitará no mesmo lugar.
A
saída do desfile terá lugar ás cinco da
tarde dende a Rúa Piscinas para percorrer a Rúa Real ata o Concello onde
rematará e onde terá lugar a entrega de premios durante o baile de disfraces
amenizado pola charanga “Padre José”, rematando a festa cunha alborada polos
bares da vila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario