21 oct 2013

A CASA DA CULTURA ACOLLE MAÑÁ UNHA CHARLA SOBRE O ALZHEIMER

          O concello de Quiroga, a través do departamento de servizos sociais, porá en marcha un programa de actividades  destinado á estimulación cognitiva, psicomotriz e  da memoria  en persoas maiores que sofren deterioro cognitivo.   

Este programa consta de  dous  obradoiros  diferentes,  pero relacionados entre si, que terán como obxectivo  a prevención e mellora  de enfermidades cerebrais, especialmente a enfermidade de alzheimer e as caracterizadas pola perda aillada e obxectiva da memoria, preténdese desenvolver as capacidades cognitivas, de psicomotricidade e memoria nas persoas que sofren deterioro nestes aspectos.

O punto de partida  destas actividades  será unha charla que terá lugar mañá pola tarde, a partir das seis, na casa da cultura. A charla baixo o título: “alzheimer, que podemos facer entre todos”, está organizada polo departamento de servizos sociais do concello en colaboración coa  asociación de familiares e enfermos de alzheimer e outras demencias (Afamon). Os encargados de impartila serán o traballador social e a psicóloga desta asociación que darán pautas básicas sobre esta enfermidade.


A charla está aberta a todas as persoas interesadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario